Luís Lamela García, nado en Corcubión o 5 de novembro de 1945, é un historiador galego.
Traxectoria Estudou na Escola Oficial de Náutica da Coruña e na UNED. Traballou na Mariña Mercante e posteriormente desenvolveu varias actividades profesionais no sector financeiro galego, sobre todo en Caixa Galicia.
Foi un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e o antifranquismo en Galiza desde unha actividade investigadora que comezou no ano 1987. Colaborou tamén en periódicos e revistas como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino. Foi asesor do Proxecto Inter-universitario As vítimas, os nomes, as voces e os lugares e membro da Comisión Municipal de Aplicación da Memoria Histórica, asesora da Comisión de Honores e Distincións do Concello da Coruña, para a retirada da simboloxía franquista na cidade.
Obras en galego Ensaio A represión da Masonería viguesa (2008). A Nosa Terra.
A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia (2023). Santiago: Edicións Laiovento. 302 páxs.
Golpistas e represores. Retratos e memoria histórica de falanxistas galegos (2025). Santiago: Laiovento. Narrativa
Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, 2009, Xerais.
Obras en castelán Ensaio Pepe Miñones: un crimen en la leyenda (1900-1936), 1991, Ediciós do Castro. Foucellas. El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952), 1992, Ediciós do Castro. Inmolados Gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro..., 1993, Ediciós do Castro. Crónica de una represión en la Costa da Morte, 1995, Ediciós do Castro. Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión, 1998, Ediciós do Castro. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión, 2002, Ediciós do Castro. 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares, 2005. Un monumento en el Campo da Rata. Razón y génesis, 2006, Ateneo Republicano de Galicia. Antonio Fernández Pita: un alcalde fusilado por el franquismo, 2008, Ateneo Republicano de Galicia.
Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos, 2024.
Premios Premio Faro Nerio no 2006, pola súa actividade de recuperación da Memoria Histórica desa zona. Premio de Honra en 2011 de Radio Nordés-Cadena SER, tamén pola súa actividade na recuperación da Memoria Histórica.
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Nados en 1945