300px|miniatura|Campo de Béisbol das Plantas, casa dos Halcones de Vigo. O Halcones de Vigo Béisbol Club é unha entidade deportiva da cidade de Vigo que se dedica ó Béisbol. O equipo xoga os seus encontros como local no campo de béisbol das Plantas, na parroquia de Bembrive. Historia O equipo naceu no ano 2005, e nos anos 2006 e 2007 xa foi quen de acadar o subcampionato na Liga Xunta de Galicia de Béisbol fronte ó Club Béisbol Cambre. No ano 2008 o club participou por primeira vez na Liga Nacional de Primeira División, a segunda categoría do béisbol en España, e no seu primeiro ano acadou o ascenso á División de Honra«Histórico ascenso del Halcones de Vigo» Faro de Vigo, 21/7/2008..

En 2009, a primeira presenza do Halcones de Vigo Béisbol Club na máxima categoría do béisbol nacional rematou cunha 8ª posición na táboa clasificatoria, acadando deste xeito manter por un ano máis a categoría. En 2010 o equipo repetiu a 8ª posición final na liga. Na tempada 2011 o equipo rematou a tempada na 7ª posición.

Notas

Véxase tamén Outros artigos División de Honra de Béisbol Liga Xunta de Galicia de Béisbol Club Béisbol Cambre Ligazóns externas Páxina web da Federación Española de Béisbol Páxina web de Halcones de Vigo BC

Categoría:Equipos de béisbol de Galicia Categoría:Deporte en Vigo