La Aurora de Galicia foi un semanario aparecido en Santiago de Compostela en 1845.
Historia e características Subtitulado Periódico de Literatura, Ciencias y Artes, apareceu o 8 de maio de 1845. Fundado por José María Posada, foi dirixido por Íñigo García Jiménez nos seus tres primeiros números, quedando despois como colaborador. Contou coas colaboracións de Francisco Añón, José María Carracido, Alberto Camino, José María Gil Rey, José María Posada e Antonio de la Iglesia. De tendencia moderada, incluía informacións sobre a industria, o comercio, a moral pública e contiña tamén páxinas de literatura. Cesou a súa publicación aos tres meses de saír.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1845 en Galicia