Sidney Altman, nado en Montreal, Quebec (Canadá) o 7 de maio de 1939 e finado en Rockleigh, Nova Jersey, o 5 de abril de 2022, foi un biólogo molecular canadense-estadounidense, gañador do premio Nobel de Química de 1989.

Traxectoria Obtivo a súa licenciatura en física no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1960, pasou 18 meses como estudante de gradación en física na Universidade de Columbia e despois obtivo o doutoramento en bioquímica da Universidade de Colorado en 1967.

Xunto a Thomas Cech recibiu o premio Nobel de Química polo descubrimento das propiedades catalíticas do ácido ribonucleico (ARN). Ambos os investigadores da Universidade Yale demostraron que o ARN é o soporte químico da herdanza, intervindo nas reaccións químicas que posibilitaron a aparición da vida na terra.

Desde 1971, foi profesor de bioloxía na Universidade Yale.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1989 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1989 Sidney Altman en Biografías y Vidas Perfil de Sidney Altmanl en NNDB

Categoría:Bioquímicos do Canadá Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en Montreal Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Premios Nobel do Canadá Categoría:Biólogos moleculares