Marcelino L. Fernández Mallo, nado na Coruña en 1961, é un economista e escritor galego.

Traxectoria Marcelino Fernández Mallo é un economista e escritor cunha fonda preocupación pola situación económica e social de Galicia. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UNED, obtivo o seu MBA na IMD Business School de Lausana (Suíza). Desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no sector financeiro galego desenvolvendo labores executivas. Entre elas, creou e dirixiu o Departamento de Estudos de Caixa Galicia onde empezou a afondar no coñecemento da economía galega. Dende 2011 exerceu como consultor independente en sectores como a automocíón, o téxtil, o software ou a alimentación.

Colabora como articulista en Radio Galega, Vieiros, Xornal de Galicia, Economía digital, Galicia Confidencial e Nós Diario. Fondamente preocupado polo medio rural galego, a necesidade de aplicar outra política de desenvolvemento agrario constitúe unha das súas constantes chamadas e reclamacións como se reflicte, por exemplo, en “SOS Rural Galego” (Vieiros, 2007) ou en “Galicia, de paisaje natural a inmenso eucaliptal” (Mundiario, 2017).

Obra

En galego

Cabilia (Editorial Primera Persona, 2005; relatos) A trenza (Ézaro Edicións, 2008; novela) Klásicos (Morgante Edicións, 2009; novela) Pallarega (Toxosoutos, 2012; novela) O bolseiro de Ingatex (Edicións do Peirao, 2018; novela) Cen Ilíadas (2026). Toxosoutos. ISBN 979-13-990650-3-9.

En castelán De la peseta al euro (Editorial Pirámide, 1998; ensaio) El Danubio no pasa por Buenos Aires (Ézaro, 2015; novela) El émulo de Reginald Perrin (Ediciones Dauro, 2017; novela) Un cuervo azul (Malbec Ediciones, 2020; novela)

En inglés The Wrong Manager (LID Business Media, 2022; ensaio)

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1961 Categoría:Economistas de Galicia