Rafael Hugo Fernández Silva, coñecido como Hugo Silva, nado en Madrid o 10 de maio de 1977, é un actor español. Foi considerado o home máis desexado de España en 2010 segundo La Flecha.LaFlecha.net (sex-symbol).
Biografía Silva cursou estudos de teatro na Escola de Arte Teatral Ángel Gutiérrez, no Teatro Cámara de Madrid e realizou estudos de arte dramática na RESAD. Tamén recibiu formación de canto e guitarra.
Formou parte dun grupo de música heavy, chamado Inordem, ao que deixou para dedicarse de cheo á súa carreira de actor.
Foi actor secundario en series como Al salir de clase e Los hombres de Paco, serie coa que se consagrou como actor, e o protagonista da serie Paco y Veva á beira de Elena Ballesteros.
Fixo obras de teatro como Las amistades peligrosas e Atraco a las 3. Tamén fixo cine participando en filmes como Terca vida, Reinas ou Ladies’ Night. O seu debut televisivo foi en Crónicas marcianas facendo un son pregravado dun grupo heavy.
Desde 2005 e ata 2009 viviu o seu maior momento de popularidade ao encarnar a Lucas Fernández, un dos tres protagonistas da exitosa serie Los hombres de Paco, de Antena 3. Por este papel foi nomeado ao Fotogramas de Prata en 2007.
Durante a rodaxe de Al salir de clase relacionóuselle sentimentalmente coa súa compañeira Olivia Molina. Máis tarde atribuíronselle romances coas tamén actrices Kira Mirou (coa que coincidiu en Paco y Veva) e, máis recentemente, Silvia Marty, coñecida polo seu papel de Ingrid en Un paso adelante, ou en LEX.
Rodou a serie Karabudjan, rodada principalmente en Colombia, e na que coincide cos actores Marta Nieto e Víctor Clavijo entre outros. Tamén tivo un papel principal na tv-movie de Antena 3 La princesa de Éboli, onde compartiu pantalla con Belén Rueda, quen interpretaba a Ana de Mendoza, e tamén volveu coincidir con Michelle Jenner. Hugo Silva interpretou a Antonio Pérez, quen mantiña unha relación secreta con Ana de Mendoza.
Traxectoria Televisión 2000-2001: Al salir de clase (por Telecinco). El comisario (por Telecinco). 2004: Paco y Veva (por TVE). 2005-2009: Los hombres de Paco (por Antena 3), interpretando a Lucas Fernández. 2010: Karabudjan (por Antena 3). 2010: La princesa de Éboli (por Antena 3). 2014: El corazón del océano (por Antena 3). 2015: Los nuestros (por Telecinco).
Cine 2010: El sexo de Los Ángeles 2010: El color del mal 2010: Para la libertad (interpretando ó poeta Miguel Hernández). 2010: Que se mueran los feos 2009: Agallas 2009: Mentiras y gordas 2007: El hombre de arena. 2004: Reinas. 2003: Ladies’ Night. 2000: Terca vida.
Teatro 1993: Hibrit 1995: Las amistades peligrosas 2001-2002: Atraco a las tres 2009: Hamlet
Dobraxe 2004: Largo domingo de noviazgo.
Premios Nomeado ao premio Fotogramas de Prata 2007 ao mellor actor de televisión por Los hombres de Paco. Nomeado ao premio Fotogramas de Prata 2008 ao mellor actor de cine por El hombre de arena.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio oficial
Categoría:Actores de televisión Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1977