Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo.

Traxectoria Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Vigo, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. En 2020 foi Premio da Cultura Galega e en 2023 Medalla Castelao. miniatura|Entrevista en Nós TV. En 2022 traduciu ao galego "SloMo", a canción de Chanel que representou a España no Festival de Eurovisión 2022, cunha gran repercusión nas redes sociais.

Literatura infanto-xuvenil É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas de literatura infantil e xuvenil da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados e foron traducidos a varios idiomas.

Foi a primeira persoa en gañar tres veces o Premio Lazarillo (2015, 2017, 2021). No último (A lebre mecánica) os membros do xurado emitiron o fallo por unanimidade sinalando que se trata dunha "obra cun bo nivel de linguaxe para adolescentes" que abrangue temas como a diversidade de xénero e o xogo, e que combina o relato "de forma equilibrada e os diálogos con “reflexións contrastadas acordes coas vivencias da idade”.

Canto ao Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (Escarlatina, a cociñeira defunta), o Xurado decidiu premiar a obra por ser “unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que tamén destaca pola súa fácil lectura, o seu humor estarrecedor, e a súa habilidade para desmitificar o mundo da morte". O libro foi traducido a unha morea de idiomas e leva vendidas ducias de miles de exemplares.

É tamén a creadora das coleccións A señorita Bubble (Ilustrada por Andrés Meixide), Os Minimortos (ilustrada por Mar Villar) e Curriño (comezada en 2024 e ilustrada por Mili Koey).

Narrativa para adultos No libro de relatos Un animal chamado néboa (2015) a capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir, nin o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano porque é en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal.

En Infamia (2019) Emma Cruz é unha avogada e profesora de Dereito Penal que volve a Merlo para impartir clases na Universidade. Hai 25 anos que desapareceron dúas nenas, as irmás Giraud. Están mortas? Quen as asasinou? A novela é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece, unha historia de amor, odio e loucura. Foi traducida ao castelán, catalán, inglés, coreano, búlgaro, romanés, italiano, portugués e persa. Na novela aparecen de xeito recorrente os poemas do canario Félix Francisco Casanova.

En Golpes de luz (2021) Xulia é unha xornalista que se acaba de separar e volve a Galicia co seu fillo Sebas (de dez anos, o que pensa que a avoa Luz é o deus Thor porque sempre anda co seu martelo) e ten que se enfrontar a un pasado cheo de segredos. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven esta historia.

En Pel de cordeiro (2024) cóntanos dúas historias en dous tempos diferentes: a historia de Catalina nas últimas rabexadas da Inquisición e a de Lola no Vigo actual. Nas dúas está a súa historia de rebelión contra as convencións sociais pero en contextos diferentes. As dúas con inquedanzas no escuro, na morte, no máxico. Dúas partes moi diferentes e narradas de xeito distinto pero nas dúas está presente a bruxaría.

Poesía Con Ultraluz gañou o Premio de Poesía Afundación en 2022. Para a autora o libro é:

O xurado resaltou:

Obras

Poesía

Xardín de inverno (2012). Everest. Ilustracións de DNL. ISBN 9788440311894. Nova edición en2026 en Xerais, Fóra de xogo. Limiar de Lucía Aldao. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-797-6. Ultraluz (2022). Arte de Trobar. Centro PEN Galicia. 66 páxs. ISBN 978-84-09-45310-8. (2023). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-431-9. Inclúe imaxes do espectáculo de palabra, música e luz arredor dos poemas no que Ledicia Costas foi acompañada dos músicos Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.

Literatura infanto-xuvenil Unha estrela no vento (2000). Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-8302-481-2. ePub: 978-84-9914-867-0. O corazón de Xúpiter (2012). Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-433-7. ePub: 978-84-9914-586-0. Traducida ao inglés como Heart of Jupiter (2016), Small Stations Press. 208 páxs. ISBN 978-9543840496. En castelán El corazón de Júpiter (2018), Ed. Anaya. 206 páxs. ISBN 9788469835999. Xardín de inverno (2012). Everest Galicia, poesía. 64 páxs. ISBN 978-8440311894. Reeditado en Xerais (2026), Fóra de Xogo, ISBN 978-84-1110-797-6. Recinto Gris (2014). Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-608-9. ePub: ISBN 978-84-9914-548-8. Escarlatina, A cociñeira defunta (2014). Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 176 páxs. ISBN 978-84-9914-739-0. ePub: ISBN 978-84-9914-742-0. En castelán: Escarlatina, la cocinera cadáver (2015) Anaya. ISBN 978-84-698-0895-5. Tradución da autora. En catalán: Escarlatina, la cuinera difunta (2016). Ed. Barcanova. ISBN 978-84-489-3868-0. En portugués: Escarlatina a cozinheira-cadáver (2021). Kalandraka. ISBN 978-989-749-151-1 Traducida tamén ao coreano e publicada por Pink Whale. Tamén foi traducido ao persa. Inmundicia e Roñoso (2015). Tambre. Ilustracións de Laura Catalán. 39 páxs. ISBN 9788490460818. Esmeraldina, a pequena defunta (2016). Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-999-8. ePub: 978-84-9914-988-2. En castelán: Esmeraldina, la pequeña fantasma (2016). Anaya. ISBN 978-84-698-2500-6. Tradución da autora. En catalán: Maragdina, la petita fantasma (2016). Barcanova. ISBN 9788448942878. En portugués: Esmeraldina a pequena fantasma (2021). Kalandraka. ISBN 978-989-749-152-8 Tamén traducida ao coreano. As peripecias de Estravaganzza Pérez (2016). Xerais. Ilustracións de Óscar Villán. 200 páxs. ISBN 978-84-9121-312-3. ePub: ISBN 978-84-9121-317-8. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (2016). Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9121-070-2. ePub: 978-84-9121-065-8. En castelán: Verne y la vida secreta de las mujeres planta (2016). Anaya. 224 páxs. ISBN 978-84-698-1681-3. Tradución da autora. En catalán: Jules Verne i el secret de les dones planta (2016). Barcanova. 184 páxs. ISBN 978-8448941185. En italiano: La vita segreta delle donne fiore (2018). Mondadori: contemporánea. 228 páxs. ISBN 978-8804689768. Os arquivos secretos de Escarlatina (2017). Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-309-3. A balada dos unicornios (2018). Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9121-405-2. ePub: ISBN 978-84-9121-441-0. En castelán: La balada de los unicornios (2018). Anaya Infantil y Juvenil. En romanés: Balada unicornilor (2019). Editura Polirom. Conexión Macarrón (2019). Xerais, Merlín. Ilustracións de Laura Suárez. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-588-2. ePub: ISBN 978-84-9121-595-0. Vampira de biblioteca (2020). Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-651-3. O neno de lume (2022). Xerais, Merlín. 168 páxs. ISBN 978-84-1110-084-7. ePub: ISBN 978-84-1110-078-6. En castelán: El niño de fuego (2022). Anaya. 168 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 9788414317433. A lebre mecánica (2022). Xerais, Fóra de Xogo. 186 páxs. ISBN 978-84-1110-149-3. ePub: ISBN 978-84-1110-184-4. En castelán: La liebre mecánica (2022). Anaya Infantil y Juvenil. 112 páxs. ISBN 9788414333129. Soños de Lunaria. Coroa de espiño (2026). Vigo: Xerais, Col. Camaleón. 288 años. ISBN 978-84-1110-856-0. ePub: ISBN 978-84-1110-869-0

A señorita Bubble

A señorita Bubble (2017). Xerais. Ilustracións de Andrés Meixide. 168 páxs. ISBN 978-84-9121-254-6. ePub: ISBN 978-84-9121-257-7. En castelán: La señorita Bubble (2018). Anaya: Sopa de Libros. 168 páxs. ISBN 978-84-698-3682-8.

A Señorita Bubble. Baixo cero (2020). Xerais, Sopa de libros. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-763-3. ePub: ISBN 978-84-9121-769-5. En castelán: La señorita Bubble: Aventura bajo cero (2020). Madrid: Anaya. Ilustraciones de Andrés Meixide. Traducción de María del Carmen Alonso Seisdedos. A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas (2023). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Andrés Meixide. 128 páxs. ISBN 9788411102599. ePub: ISBN 978-84-1110-269-8. En castelán: La señorita Bubble: Dios salve a las reinas (2023). Madrid: Anaya. Ilustraciones de Andrés Meixide. Traducción de María del Carmen Alonso Seisdedos.

Os Minimortos

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos (2020). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-697-1. ePub: ISBN 978-84-9121-789-3. En castelán: Los Minimuertos: Bienvenidos al otro barrio (2021). Alfaguara. Criando malvas. Os Minimortos (2021). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-727-5. ePub: ISBN 978-84-9121-786-2. En castelán: Los Minimuertos: Criando malvas (2021). Alfaguara. Escola de salvaxes. Os Minimortos (2021). Xerais. Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-907-1. ePub: ISBN 978-84-9121-922-4. En castelán: Los Minimuertos: Escuela de Salvajes (2021). Alfaguara. Ilustraciones de Mar Villar. O día dos vivos. Os Minimortos (2021). Xerais. Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs, ISBN 978-84-9121-989-7. ePub: ISBN 978-84-9121-996-5. En castelán: Los Minimuertos. Días de vivos (2021). Alfaguara. Ai, que risa! (2022). Xerais. Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs, ISBN 978-84-1110-145-5. ePub: ISBN 978-84-1110-163-9. Falso Aniversario. Os Minimortos (2024). Vigo: Xerais. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs. ISBN 978-84-1110-586-6. ePub: ISBN 978-84-1110-605-4.

Curriño

Curriño. Benvido ao equipo (2024). Xerais. Ilustracións de Mili Koey. 74 páxs. ISBN 978-84-1110-535-4. ePub: ISBN 978-84-1110-544-6. Pimpollo 2. Benvenido a la pandilla (2024). Anaya Infantil y Juvenil. Ilustracións de Mili Koey. Curriño. O can influencer (2024). Xerais. Ilustracións de Mili Koey. 74 páxs. ISBN 978-84-1110-534-7. ePub: ISBN 978-84-1110-543-9. Pimpollo 1: El perro influencer (2024). Anaya Infantil y Juvenil. Ilustracións de Mili Koey.

Curriño. Fama ou fuga (2025). Vigo Xerais. Ilustracións de Mili Koey. 74 páxs. ISBN 978-84-1110-682-5. ePub: ISBN 978-84-1110-688-7. Pimpollo 3: Fama o fuga (2025). Anaya Infantil y Juvenil. Ilustracións de Mili Koey. Curriño. Salchichas picantes (2026). Vigo: Xerais. Ilustracións de Mili Koey. 74 páxs. ISBN 978-84-1110-774-7. ePub: ISBN 978-84-1110-779-2. Pimpollo 4: Salchichas picantes (2026). Anaya Infantil y Juvenil. Ilustracións de Mili Koey.

Zodiakis

Zodiakids 1. O poder das estrelas (2026). Vigo: Xerais. Ilustrador/a: Paula Cheshire. 138 páxs. ISBN 978-84-1110-879-9. Zodiakids 1. Lúa de sangue (2026). Vigo: Xerais. Ilustrador/a: Paula Cheshire. 122 páxs. ISBN 978-84-1110-880-5.

Libro xogo

Bruxas & Dragóns (2025). Con Luismi Pérez e ilustracións de Bea Gregores. Triqueta Editora. ISBN 9791387501426.

Álbum ilustrado

Sete dentes de león (2024). Ilustracións de David Sierra. Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-406-7. Siete dientes de León (2024). Ilustracións de David Sierra. Nórdica Libros. 44 páxs. ISBN 978-84-19735-81-2.

miniatura|Presentando Golpes de luz na Libraría Paz de Pontevedra (11/12/2021), con María Oruña e Chus Gómez Dorrego

Narrativa adulta Un animal chamado néboa (2015). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9914-873-1. ePub: 978-84-9914-866-3. Nova edición de Xerais en 2024. Traducido ao inglés: An Animal Called Mist (2017). Small Stations Fiction. 204 páxs. ISBN 978-9543840625. Infamia (2019). Xerais. 272 páxs. ISBN 978-84-9121-536-3. ePub: ISBN 978-84-9121-537-0. Traducido ao castelán: Infamia (2019). Destino. ISBN 978-84-233-5640-9.