Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.
miniatura|Aínda que non existen retratos de Xesús nin indicacións acerca do seu aspecto físico, son moi frecuentes as súas representacións na arte. Xesús coa cruz ás costas, do Greco. miniatura|Mosaico cunha representación de Xesús de Nazaret, existente na antiga igrexa de Santa Sofía (Istanbul), datada arredor de 1280.
Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, XesucristoChío da Academia sobre o nome.Na primeira tradución directa ao galego da Biblia empregouse así mesmo o antropónimo Xesús Cristo, non contemplado hoxe no dicionario da Academia., é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que —coa súa morte e posterior resurrección— redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.
Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeuO xudaísmo de xesús non é cuestionado na actualidade por ningún estudoso serio do Xesús histórico. Como escribe William Arnal («The cipher “judaism” in contemporary historical Jesus scholarship», en John S. KLOPPENBORG (ed.): Apocalypticism, anti-semitism and the historical Jesus, páx. 24, «no contemporary New Testament scholar contests that Jesus was a jew». Véxase, por exemplo, o libro de Joseph Klausner: Jesús de Nazaret. Barcelona: Paidós, 2006, ISBN 84-493-1834-3, quen manifesta de xeito terminante «Jesús era judío, y siguió siendo judío hasta su último aliento» (páx.469). Con igual claridade se expresa Edward Kessler, en «Jesus the jew» (artigo en BBC.co.uk): «One of the certain facts about Jesus was that he was a Jew. He was a child of Jewish parents, brought up in a jewish home and reared among jewish traditions. Throughout his life, Jesus lived among Jews and his followers were jews». Bart D. Ehrman sinalou que «unha das ironías do cristianismo primitivo é que Xesús mesmo era un xudeu que veneraba o Deus dos xudeus, observaba os costumes xudeus, interpretaba a lei xudía e tivo discípulos xudeus, que o consideraban o mesías xudeu» (Bart D. EHRMAN: Jesús no dijo eso. Barcelona: Ares y Mares, 2007, ISBN 978-84-8432-852-0; P. 233). Un desenvolvemento amplo do tema, con referencia ás investigacións de Geza Vermes, pode encontrarse na rede: «Jesus the jew», artigo de Jonathan Went, en inglés. Os autores da chamada terceira busca do Xesús histórico fixeron especial incidencia no xudaísmo de Xesús. Véxase, por exemplo: John Dominic Crossan (Jesús, vida de un campesino judío, 1994, ISBN 84-7423-655-X; Jesús desenterrado, ISBN 84-8432-459-1); Bart Ehrman (Jesús, el profeta judío apocalíptico, 2001, ISBN 84-493-1027-X); E.P.Sanders (La figura histórica de Jesús, 2000, ISBN 84-8169-400-2); Geza Vermes (Jesús el judío: los manuscritos leídos por un historiador, 1994, ISBN 84-7669-213-7; La religión de Jesús el judío, 1996, ISBN 84-7979-201-9); J.P.Meier (Un judío marginal. Nueva visión del Jesús histórico. I, II 1-2, III. Estella: Verbo Divino, 2001 ss.), entre moitos outros. que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.
O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás),, especialmente da utilizada para a composición dos evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.Aínda que a maioría dos historiadores e expertos bíblicos opina que estes datos poden darse por certos, dada a concordancia das fontes, unha minoría de estudosos pon en cuestión a historicidade de Xesús de Nazaret, cuestionando os textos non cristiáns existentes. Por citar só algúns autores que afirman a historicidade de Xesús: Raymond E. Brown (La muerte del Mesías, ISBN 84-8169-485-1); John Dominic Crossan (Jesús, vida de un campesino judío, 1994, ISBN 84-7423-655-X; Jesús desenterrado, ISBN 84-8432-459-1); Bart Ehrman (Jesús, el profeta judío apocalíptico, 2001, ISBN 84-493-1027-X); Gerd Theissen e Annette Merz (El Jesús histórico, 2004, ISBN 84-301-1349-5); E. P. Sanders (La figura histórica de Jesús, 2000, ISBN 84-8169-400-2); Geza Vermes (Jesús el judío: los manuscritos leídos por un historiador, 1994, ISBN 84-7669-213-7; La religión de Jesús el judío, 1996, ISBN 84-7979-201-9); Paul Winter (El proceso a Jesús, 1983, ISBN 84-85501-50-0). A negación da existencia de Xesús é unha posición tardía, xa que este non comezou a estudarse como figura histórica, á marxe da relixión, ata o século XVIII. Os principais defensores deste punto de vista son Timothy Freke e Peter Gandy (Los misterios de Jesús. El origen oculto de la religión cristiana, 2000, ISBN 84-253-3450-0); Earl Doherty (El puzzle de Jesús, 2005, ISBN 84-9800-268-0) e, sobre todo, George Albert Wells (The Historical Evidence for Jesus, 1988, ISBN 0-87975-429-X); The Jesus Myth, 1998, ISBN 0-8126-9392-2). A inmensa maioría das enciclopedias e obras de referencia aceptan a historicidade de Xesús. É o caso, por citar un exemplo prestixioso, de The New Encyclopaedia Britannica (páxs. 360-377, tomo 22, Chicago, 1990. ISBN 0-85229-511-1). Tamén os defensores da teoría da inexistencia de Xesús recoñecen que a opinión xeneralizada é a contraria. Segundo George Albert Wells, nun artigo publicado en 1999: «It is almost universally accepted that Jesus lived in the opening decades of the first century, taught certain doctrines in Galilee, worked there what were at any rate taken for miracles, and died in Jerusalem, at the behest of the Roman governor Pontius Pilate» (George Albert Wells: «Earliest christianity», ).
miniatura|Unha das máis antigas representacións de Xesús como o Bo Pastor, realizada cara ao ano 300.
Xesús no Novo Testamento O que figura a continuación é un relato da vida de Xesús tal e como aparece nos catro evanxeos incluídos no Novo Testamento, considerados libros sagrados por todas as confesións cristiás. O relato evanxélico é a fonte principal para o coñecemento de Xesús, e constitúe a base das interpretacións que da súa figura fan as diferentes ramas do cristianismo. Aínda que pode conter elementos históricos, expresa fundamentalmente a fe das comunidades cristiás na época en que estes textos foron escritos, e a visión que por entón tiñan de Xesús de Nazaret.
Nacemento e infancia miniatura|A Sagrada Familia (Xosé, María e Xesús, con Isabel e o seu fillo Xoán o Bautista, parentes de Xesús segundo o Evanxeo de Lucas. Pintura de Rafael, 1507.
Os relatos referentes ao nacemento e infancia de Xesús proceden exclusivamente dos evanxeos de Mateu (Mt 1,18-2,23) e de Lucas (Lc 1,5-2,52)., . Non hai relatos deste tipo nos evanxeos de Marcos e Xoán. As narracións de Mateu e Lucas difiren entre si:
Segundo Mateu, María e o seu esposo, Xosé, viven (segundo parece, pois non se relata ningunha viaxe)Segundo Geza Vermes (El nacemiento de Jesús, páx. 94): «O Evanxeo de Mateu non identifica o lugar onde viven María e Xosé, pero ao non falarse dun cambio de residencia entre ese momento [o soño de Xosé] e o nacemento de Xesús, debe concluírse que, en opinión de Mateu, a parella residiu sempre en Belén». en Belén. María queda inesperadamente embarazada e Xosé resolve repudiala, pero un anxo anúncialle en soños que o embarazo de María é obra do Espírito Santo e profetiza, con palabras do profeta Isaías que o seu fillo será o Mesías que esperan os xudeus. Uns magos de Oriente chegan a Xerusalén preguntando polo «rei dos xudeus que acaba de nacer» coa intención de adoralo, suceso que alerta ao rei de Xudea, Herodes o Grande, que decide acabar co posible rival. Os magos, guiados por unha estrela, chegan a Belén e adoran o neno. De novo, o anxo visita a Xosé (Mt 2,13) e avísao da inminente persecución de Herodes, polo que a familia foxe a Exipto e permanece alí ata a morte do monarca (de novo notificada a Xosé polo anxo, que se lle presenta por terceira vez: Mt 2,19-29). Entón, Xosé instálase coa súa familia en Nazaret, en Galilea. Segundo o Evanxeo de Lucas, María e Xosé viven na cidade galilea de Nazaret. A historia da concepción de Xesús entrelázase aquí coa de Xoán o Bautista -xa que neste evanxeo María e Isabel, nai do Bautista, son parentes- e o nacemento de Xesús é notificado a María polo anxo Gabriel (o que se coñece como Anunciación: Lc 1,26-38).. O emperador Augusto ordena un censo no cal cada un debe empadroarse no seu lugar de nacemento e Xosé debe viaxar a Belén, por ser orixinario deste lugar. Xesús nace en Belén mentres se atopan de viaxe e é adorado por pastores. Lucas engade ademais breves relatos sobre a circuncisión de Xesús, sobre a súa presentación no Templo e o seu encontro cos doutores no Templo de Xerusalén, nunha viaxe realizada con motivo da Pascua, cando contaba doce anos.Como pode verse, as diferenzas entre ambos relatos son bastante significativas:
No relato de Mateu, María e Xosé viven en Belén; no de Lucas, en Nazaret. No relato de Mateu, o anxo aparécese (en tres ocasións) a Xosé; no de Lucas aparécese só (nunha ocasión) a María. As historias dos magos de Oriente, a degolación dos inocentes e a fuxida a Exipto só aparecen en Mateu. As historias da adoración dos pastores, a circuncisión de Xesús, a presentación no Templo e o encontro de Xesús cos doutores do Templo atópanse só en Lucas.
Nos evanxeos de Mateu e de Lucas aparecen senllas xenealoxías de Xesús (Mt 1, 2-16; Lc 3, 23-38)., . A de Mateu remóntase ao patriarca Abraham, e a de Lucas a Adán, o primeiro home segundo a Xénese. Estas dúas xenealoxías son idénticas entre Abrahán e David, pero difiren a partir deste último, xa que a de Mateu fai a Xesús descendente de Salomón, mentres que, segundo Lucas, a súa liñaxe procedería de Natam, outro dos fillos de David. En ambos os dous casos, o que se mostra é a ascendencia de Xosé, malia que, segundo os relatos da infancia, este só sería o pai putativo de Xesús.
Bautismo e tentacións miniatura|Bautismo de Cristo, pintura de Piero della Francesca. A chegada de Xesús foi profetizada por Xoán o Bautista (o seu curmán, segundo o Evanxeo de Lucas),, , ( por quen Xesús foi bautizado no río Xordán., , Segundo o Evanxeo de Xoán, Xesús non recibiu o bautismo persoalmente de Xoán o Bautista, xa que por entón este atopábase encarcerado por orde de Antipas. Durante o bautismo, o Espírito de Deus, en forma de pomba, descendeu sobre Xesús, e escoitouse a voz de Deus., , . No Evanxeo de Xoán menciónase esta teofanía (), aínda que non en ocasión do bautismo de Xesús.
Segundo os sinópticos, o Espírito conduciu a Xesús ao deserto, onde xaxuou durante corenta días e superou as tentacións ás que foi sometido por Satanás., , . Non se menciona este episodio no Evanxeo de Xoán. Despois Xesús marchou a Galilea, estableceuse en Cafarnaún,, , . e comezou a predicar a chegada do Reino de Deus., , . Segundo Xesús recrutou os seus primeiros seguidores (aínda que eran galileos) en Xudea, antes de partir cara a Galilea para iniciar o seu ministerio.
Vida pública