O evolucionismo teísta, ou evolución teísta, é unha idea filosófica que busca conciliar a idea de Deus e a teoría da evolución.

Noutras palabras, é unha forma de creacionismo proevolución que cre na existencia dun creador e un propósito; e que, a diferenza do deseño intelixente, si cre na descrición científica da creación, postulando que nela Deus crea ao permitir o proceso natural de evolución biolóxica expresada na síntese evolutiva moderna. O evolucionismo teísta só difire do creacionismo evolutivo na súa teoloxía.

Descrición

O evolucionismo teísta acepta a case totalidade ou incluso toda a ciencia moderna actual, e non postula que exista unha base científica para a existencia de Deus, pero si invoca a Deus para algúns feitos que se consideran fóra do ámbito das ciencias naturais, como serían a creación da alma humana e outros conceptos metafísicos. A partir deste postulado, as diferentes visións da evolución teísta varían nas crenzas sobre como e canto Deus intervén no proceso.

A propia teoría da evolución foi orixinalmente proposta por un teólogo cristián, Agostiño de Hipona (353-430), para quen Deus tería creado o universo con leis, creando sementes que se desenvolverían en especies ao longo dos tempos.

Cando Charles Darwin (anglicano agnóstico) e Alfred Wallace (teísta, espiritualista) publican en 1858 a teoría da evolución das especies por selección natural, xurdiron controversias nos medios científicos e relixiosos clamando a incompatibilidade entre a concepción abrahámica da creación coa evolución. Nesta época evanxelistas como Henry Drummond e o botánico Asa Gray defenderon a compatibilidade teolóxica e científica entre a creación e a evolución, principalmente porque a teoría de Darwin proclamaba unha orixe común do ser humano, mentres que algúns científicos como Samuel George Morton e Louis Agassiz defendían a polixénese de diferentes especies humanas (baseados no racismo, co fin de xustificar a escravitude e o colonialismo).

No século XX a presenza de crentes en Deus na investigación biolóxica foi notábel: o famoso teólogo e paleontólogo Pierre Teilhard de Chardin (1881–1955) foi un exemplo de teísta evolucionista. A síntese moderna do evolucionismo (combinando xenética molecular e selección natural) foi desenvolvida por evolucionistas que crían en Deus: Ronald Fisher (1890–1962) e Theodosius Dobzhansky (1900–1975). Recentemente, Francis Collins, director do proxecto Xenoma, publicou unha defensa do teísmo evolucionista onde propón o concepto de Bíos polo Logos, ou simplemente BioLogos (bíos, do grego βίος "vida", e lógos λόγος "palabra", "tratado"). Podemos resumilo nos seguintes puntos:

1. O universo xurdiu hai aproximadamente 14 mil millóns de anos (pola imposición de leis por Deus); 2. A pesar das improbabilidades incomensurábeis, as propiedades do universo parece que foron axustadas para a creación da vida; 3. Aínda que o mecanismo exacto da orixe da vida na Terra sexa descoñecido, unha vez que a vida xurdiu, os procesos de evolución e de selección natural permitiron o desenvolvemento da diversidade biolóxica e da complexidade durante espazos de tempo moi amplos; 4. Despois de que a evolución seguiu o seu rumbo, non foi necesaria ningunha intervención sobrenatural (aínda que algúns cren que a evolución é sutilmente acompañada e orientada por Deus, como a idea de Deus-presente-no-Universo de Spinoza); 5. Os humanos forman parte deste proceso, compartindo un devanceiro común cos grandes simios; 6. Por outra parte, os humanos son exclusivos en características que desafían a explicación evolucionista da lei moral (o coñecemento do certo e do errado) e a busca por Deus, que caracterizan a todas as culturas humanas" COLLINS, Francis S. A linguagem de Deus: um cientista apresenta evidências de que Ele existe. - trad. Giorgio Capelli - São Paulo : Editora Gente, 2007, p.206.

Así, en termos xerais, o ecolucionismo teísta e o creacionismo evolutivo si aceptan que os seres vivos se diferenciaron a través dun proceso de evolución natural "sen a intervención directa de Deus", ao consideraren a Deus o creador da orixe das leis da natureza, pero "sin crer que Deus actúe directamente" no desenvolvemento dos procesos naturais que proveñen delas, e que son descritos polas ciencias naturais. A partir diso, o evolucionismo teísta considera que a idea de que o neodarwinismo implica necesariamente o ateísmo e o materialismo, é realmente só unha idea errónea.

O evolucionismo teísta non trata de interferir no desenvolvemento das ciencias naturais, a diferenza do creacionismo antievolución. Debido a iso, a postura manifestada nel á aceptada sen maiores problemas entre os científicos crentes en Deus (a diferenza do que sucede co deseño intelixente). Así, ademais do rexeitamento propio dos grupos relixiosos máis fundamentalistas e partidarios do creacionismo antievolución, o evolucionismo teísta só se enfronta ás críticas non relixiosas provenientes de grupos intelectuais ateos e escépticos, onde se poden mencionar a científicos como Richard Dawkins a ao filósofo americano Daniel Dennett, que pensan que o evolucionismo teísta á tan só un "intento desesperado" final por xustificar a existencia do teísmo. Para iso, recorren á explicación dos memes.

A partir dos anos 1960 xurdiu o movemento creacionismo da Terra Nova que di, entre outras cousas, que a idade da Terra sería máis recente do que é xeoloxicamente aceptado, que os dinosauros conviviran cos mamíferos, e que o xurdimento do universo e da vida son asunto para a cosmoloxía, a física e a bioquímica, e non están intrinsecamente relacionados coa teoría da evolución das especies, pero poden ser traballados de forma xeral pola filosofía.

O evolucionismo teísta é distinto da doutrina do deseño inteliente e científicos teístas evolucionistas como Kenneth R. Miller, John Haught, Mixchael Dowd, e Francis Collins critican o deseño intelixente e o creacionismo da Terra Nova como non científicos.

Notas

Véxase tamén Creacionismo evolutivo Deísmo Deseño intelixente Teoloxía natural

Ligazóns externas El darwinismo no está esencialmente opuesto al cristianismo, artigo.

Notas Miller, Kenneth R.; (1999) Finding Darwin's God: A Scientist's Search for Common Ground Between God and Evolution ISBN 0-06-093049-7 Teilhard de Chardin, Pierre, The Phenomenon of Man (HarperCollin, San Francisco, 1959, 1980)

Bibliografía adicional

Categoría:Creacionismo Categoría:Evolución Categoría:Filosofía da ciencia Categoría:Filosofía da relixión