O 11 de marzo é o 70º día do ano do calendario gregoriano e o 71º nos anos bisestos. Quedan 295 días para finalizar o ano.

Acontecementos 431 - K'uk' Bahlam I comeza o seu reinado en Palenque (ata 435). 1526 - Carlos I contrae matrimonio con Isabel de Portugal. 1942 - O xeneral estadounidense Douglas MacArthur abandona Correxidor. 1985 - Mikhail Gorbachev, presidente da Unión Soviética. 1987 - Helmut Kohl é reelixido chanceler da República Federal Alemá. 1990 - Lituania independízase. 1990 - Patricio Aylwin, primeiro presidente electo de Chile dende Salvador Allende (1973). 1996 - John Howard, 25º primeiro ministro de Australia. 1997 - Problema nuclear no Xapón. 2003 - Constitúese o Tribunal Penal Internacional na Haia. 2004 - Un atentado terrorista, con 13 explosións no ferrocarril, en Atocha e outros lugares de Madrid, produce 191 mortos e moitos máis feridos. 2006 - Michelle Bachelet toma posesión como a primeira muller presidente electa de Chile. 2011 - Un terremoto de nove graos sacode Xapón, provocando un tsunami que destrúe a costa do nordeste do país nipón e unha alerta nuclear.

Nacementos miniatura|150px|Cándido Nocedal. 1544 - Torquato Tasso, poeta italiano (m. 1595). 1821 - Cándido Nocedal, político, xornalista e avogado galego (m. 1885) 1838 - Shigenobu Okuma, primeiro ministro do Xapón (m. 1922). 1864 - Juan de la Cierva Peñafiel, avogado e político español (m. 1938) 1869 - Ángel Amor Ruibal, pensador galego (m. 1930). 1883 - Andrés Balsa, boxeador, loitador profesional e adestrador de fútbol galego (m. 1973). 1885 - José García Vidal, avogado e político galego (m. 1969). 1900 - Benigno Álvarez González, político galego (m. 1937). 1916 - Harold Wilson, Primeiro Ministro do Reino Unido entre 1964 e 1970 (m. 1995).

1920 - Nicolaas Bloembergen, físico neerlandés, Premio Nobel. 1921 - Astor Piazzolla, cantante e músico arxentino de tango (m. 1992). 1922 - Cornelius Castoriadis, filósofo francés. 1922 - José Luis López Vázquez, actor español. 1922 - Tun Abdul Razak, primeiro ministro da Malaisia (m. 1976). 1931 - Rupert Murdoch, empresario estadounidense. 1945 - Anxo Tarrío, profesor e crítico literario galego. 1952 - Douglas Adams, escritor británico. 1955 - Nina Hagen, cantante punk alemá. 1957 - Cheryl Lynn, cantante estadounidense. 1967 - Helena González Fernández, profesora e investigadora galega. 1974 - Fefa Noia, directora de teatro e dramaturga.

Mortes miniatura|150px|Alexander Fleming. 1870 - Moshoeshoe I, rei de Lesotho (n. c. 1786). 1893 - Vicente Vázquez Queipo, matemático e político galego (n. 1804). 1942 - Juan Domínguez Fontela, sacerdote e historiador galego (n. 1869). 1950 - Heinrich Mann, escritor alemán (n. 1871). 1955 - Alexander Fleming, biólogo británico, Premio Nobel (n. 1881). 1957 - Richard E. Byrd, explorador ártico (n. 1888). 1971 - Philo T. Farnsworth, pioneiro da televisión. 1974 - Aníbal Otero, lingüista e escritor galego (n. 1911). 1978 - Claude François, cantante francés (n. 1939). 1992 - Joaquín Satrústegui, avogado e político español (n. 1909). 1993 - Jesús Bal y Gay, musicólogo galego (n. 1905). 1998 - Manuel Piñeiro Losada, político e militar cubano, de orixe galega (n. 1933). 2002 - James Tobin, economista estadounidense, Premio Nobel en 1981 (n. 1918). 2005 - Aurelio Fierro, actor e cantante italiano (n. 1923). 2006 - Slobodan Milošević, expresidente de Iugoslavia (n. 1941).

Festas e celebracións

Santoral Santos: Eutimio, Eulogio, Vindiciano, Sofronio, Benito, bispos; Fermín, abade; Heraclio, Zósimo, Cándido, Piperión, Trófimo, Talo, Gorgonio, Firmo, mártires; Constantino, rei; Aurea (Oria), abadesa.

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Marzo