Jean Baptiste Reinhardt, coñecido como Django Reinhardt, nado en Liberchies o 23 de xaneiro de 1910 e finado en Fontainebleau o 16 de maio de 1953 foi un guitarrista belga de jazz de orixe xitana sinti. Trátase do primeiro músico de jazz orixinario de Europa que exerceu unha influencia similar á dos grandes artistas estadounidenses. A súa música é o resultado da fusión entre o swing e a tradición musical xitana do leste europeo, o que se coñece en inglés co nome de Gypsy jazz e en francés como Jazz manouche (Jazz xitano).

Véxase tamén Ligazóns externas about-django.com

Categoría:Guitarristas de Bélxica Categoría:Guitarristas de jazz Categoría:Nados en Pont-à-Celles Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1953