O harmonio é un instrumento musical de vento con teclado, en aparencia similar ao órgano alemán, pero sen tubos e de moito menor tamaño.
Descrición Está provisto dun fol que se acciona cos pés e que, en lugar de tubos, ten unhas lingüetas semellantes ás dun acordeón.
Historia Orixinalmente, o harmonio desenvolveuse en Alemaña no século XVIII. Aínda que é considerado un "instrumento foráneo", tamén é un instrumento musical típico da música devocional empregada en Asia, en particular na India, onde se emprega facendo arranxos específicos para harmonizar con instrumentos tradicionais indios.
Aínda que orixinalmente foi concibido como un instrumento doméstico, do mesmo xeito que o piano, o harmonio impúxose rapidamente en moitos templos relixiosos polo seu tamaño e prezo menores que os dun órgano.
Houbo instrumentos precursores no Antigo Exipto e outras culturas antigas, cun principio de xeración de son similar, como o órgano bucal chinés sheng;Segundo fontes chinesas, as linguas de metal como instrumento, aplicadas nos órganos bucais, foron inventadas polo emperador Huang Tei arredor do ano 2800 a. C. porén, a evolución para un instrumento similar ao harmonio tivo lugar en Europa. Os primeiros intentos con linguas perforantes comezaron logo de que o xesuíta francés Père Amiot enviase varios sheng até París en 1776.
O profesor Christian Gottlieb Kratzensteine, en Copenhague, foi o primeiro europeo en desenvolver ese principio. Utilizou as lingüetas na súa máquina de falar, onde as vogais se podían xerar mediante tubos de resonancia conectados. A Real Academia de San Petersburgo premiouno polo seu invento en 1780.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Harmonio
Categoría:Instrumentos de teclado Categoría:Cultura da India Categoría:Instrumentos de vento