Benedicto Blanco Dobarro, nado en Avión e executado polos nazis en Nantes o 13 de febreiro de 1943, foi un maquis galego.
Traxectoria Era membro e un dos máximos responsables da Organisation Spéciale (OS) dos Francs-Tireurs et Partisans (FTP), creados polo Partido Comunista Francés. Calcúlase que ó inicio da segunda guerra mundial tiña uns 18 anos, polo que posiblemente non deixase descendencia, non existindo referencias familiares que permitan saber máis sobre a súa vida.
Foi detido e xulgado pola Gestapo nun proceso sumarísimo, "o proceso dos 42", celebrado o 16 de setembro de 1942, simulacro de xuízo que a ocupación alemá artellou para escarmentar as continuas sabotaxes dos resistentes. Foi encarcerado, torturado e fusilado o 13 de febreiro de 1943, xunto con outros 37 maquis, entre eles o seu paisano Alfredo Gómez Ollero, de Paderne de Allariz.
Le Colectif du Procés des 42, unha organización dedicada á recuperación da memoria histórica dos 37 executados polos nazis, descubriu o 13 de febreiro de 2006 en Nantes un monumento na súa honra. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Exilio galego Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Avión Categoría:Finados en 1943 Categoría:Asasinados polo réxime nazi Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Fusilados