A operación Aníbal foi unha operación militar alemá para evacuar as tropas e os civís do leste de Prusia a metade de xaneiro de 1945 e non deixalos a mercé do Exército Vermello da Unión Soviética.
Historia A principios de xaneiro de 1945, Karl Dönitz deuse de conta de que Alemaña pronto sería derrotada, e desexando salvar os seus submarinos, enviou unha mensaxe codificada o 23 de xaneiro cara a Gothenhafen para escapar cara ao oeste por medio da operación de nome código Aníbal. Dönitz desexaba evacuar tanta xente como for posíbel e levala até Alemaña, e polos a salvo do avance soviético.
Nun período de catro meses ao redor de 1100 naves alemás transportaron uns dous millóns de persoas a través do mar Báltico cara a Alemaña, converténdose nunha das evacuacións de refuxios máis grande da historia.
Perdas No marco da Operación Aníbal ocorreu o afundimento do Wilhelm Gustloff no mes de xaneiro, produto do ataque do submarino soviético S-13, e que causou a morte de 9343 persoas, a gran maioría civís, na que dende entón é a traxedia marítima con maior número de vítimas mortais. En conxunto, os transatlánticos Wilhelm Gustloff, Goya e Steuben, xunto con outros 158 buques mercantes, perdéronse durante as 15 semanas que durou a Operación Aníbal (23 de xaneiro-8 de maio de 1945).Charles W. Koburger (1989); Steel Ships, Iron Crosses, and Refugees. Praeger Publishers, NY, páx. 107
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Operación Aníbal, 1945
Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:1945