miniatura|dereita|Ubre dunha vaca.
Non é pouca a presenza do ubre na cultura popular galega, maiormente o ubre da vaca, como era de esperar. Nomes populares que recibe en Galicia o ubre son os de cocho ou remollo. O xénero feminino, por influxo do castelán, tamén está moi estendido nos falantes.
Os tetos tamén reciben o nome popular de tetas e, no léxico das adiviñas, os de correfontes, cichafontes, manafontes ou mexafontes.
Refraneiro Á vaca alugada enxóitanlle os tetos. Á vaca emprestada, os tetos se lle secan. A vaca, canto máis se munxe, máis grande ten o teto. A vaca, canto máis se muxe, máis grandes ten os tetos. A vaca, ó tocarlle na ubre, leite dá. A vaca, para ser leiteira, ha de ter ubre larga, os cornos aguzados e os fuciños achatados. A vaca, para ser leiteira, ten que ter o teto longo, corna aguzada e fuciño mocho. A vaca, pra ser leiteira, ha de ter ubre larga, os cornos afilados e o fociño achatado. As vacas de Cancelada, muito ubre e pouca canada. As vacas de Ponferrada, moito ubre e pouca canada. Canto máis se munxe a vaca, máis os tetos se lle agrandan. Canto máis se munxe a vaca, máis remollo saca. Canto máis se munxe a vaca, máis se lle aguza a teta. Canto máis se munxe a vaca, o teto máis se lle agranda. Inda máis se muxe a vaca, máis teto saca. Nin vaca de moito ubre nin home de moito fume. Os de Lubre, toman o leite da ubre. Vaca alugada, tetos enxoitos. Vaca de Cancelada, moito ubre e pouca canada. Vaca de Ponferrada, moito ubre e pouca canada. Véxase tamén Outros artigos Refraneiro galego da vaca
ubre