O castro do Outeiro é un castro situado na parroquia de Castrelo de Miño, no concello ourensán de Castrelo de Miño.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado único. Ten unhas medidas aproximadas de 70 metros no eixo norte-sur e 50 metros no eixo este-oeste. O castro atópase moi alterado pola proximidade das instalacións dunha central hidroeléctrica.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Castrelo de Miño. Outubro do 2009.
Outeiro