O pileus ou píleo é un trazo suplementario das nubes, consistente nunha nube accesoria en forma de pucha, situada na parte superior doutra nube. A miúdo se observan varios pileus superpostos.
A súa formación débese ao rápido ascenso das fortes correntes convectivas en días particularmente inestables, que atravesan as finas capas húmidas e estables que atopan ao seu paso intercaladas na zona superior da troposfera. Estas son literalmente atropeladas polas que soben, arrefriándose e condensándose a xeito de pucha, capuchón ou bonete.
Son exclusivos dos xéneros cumulus e cumulonimbus.miniatura|Cumulonimbus con pileus na súa parte superior|centro Véxase tamén Bibliografía Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.
Ligazóns externas Atlas fotográfico de nubes
Categoría:Trazos suplementarios de nubes