Alejandro Santamaría Estivill nado en Pontevedra en 1926 e finado en Palma o 30 de marzo de 2011Vaquer, Jaume (03/04/2011). Nené Estivill ha fallecido, "Neuras y paranoias"., foi un historietista galego, máis coñecido como Nené Estivill. Foi creador de personaxes como Agamenón e La terrible Fifí.

Traxectoria Empezou a súa carreira como debuxante profesional durante os anos 50, en revistas galegas como Camino ou Potosí, así como en "La Risa" de Editorial Marco,Ramírez (1975), p. 42. onde creou as súas primeiras series: O malvado Doutor Cianuro e o seu axudante Panduro e Cañete Camarón, deportista de afección. En 1956 foi contratado por Editorial Valenciana, e no semanario Jaimito, de dicha editorial, publicou unha nova serie, La Bola, así como novas entregas das aventuras de Cañete Camarón.

En 1958 comeza a traballar para os semanarios de Editorial Bruguera, primeiro con chistes soltos, e logo coas historietas de La terrible Fifí (en Pulgarcito) e Silvano Mengano (en Can Can). A primeira tivo un grande éxito e publicouse en varias das revistas de cómics de Bruguera.

En 1961 aparece outro dos seus grandes personaxes, Agamenón, na segunda etapa da revista Tío Vivo. Foi unha das poucas historietas de Bruguera en que se mostrou un ambiente rural.

Continuou traballando como historietista até os anos 70.

Notas

Véxase tamén Bibliografía (1975): El "comic" femenino en España. Arte sub y anulación Madrid: Editorial Cuadernos para el Diálogo. ISBN 978-84-229-0177-3

Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes