Viaxe ao centro da Terra (en ) é unha novela de ficción científica escrita polo autor francés Jules Verne (1828-1905) e publicada no ano 1894. Considerada unha das súas mellores novelas, concédese máis peso á aventura e á imaxinación do que á verosimilitude e á divulgación científica.
Personaxes Otto Lidenbrock, experto xeólogo e profesor de mineraloxía no Johannaeum de Hamburgo. Home de gran reputación no mundo científico e académico, é de carácter impetuoso e sitúa o seu compromiso coa ciencia mesmo por riba da súa propia vida. Porén, responde con amor e compaixón cando as adversidades da viaxe golpean ao seu sobriño.
Axel, sobriño do profesor, partilla con el casa e ocupación. Malia ser un axudante cualificado e disposto, o seu amor xuvenil e apaixonado pola afillada do profesor, así como o desexo de levar unha vida convencional e cómoda, constitúe un contrapunto á personalidade do seu tío. Porén, ao longo da novela irá virando cara a unha persoa máis madura e curiosa.
Hans Bjelke, cazador islandés que será o guía na viaxe. É unha persoa extremadamente hábil, leal e de poucas palabras. O seu traballo, a súa afouteza e as súas capacidades serán decisivas á hora de levar a bo termo a expedición.
Arne Saknussemm, sabio islandés do século XVI, primitivo explorador do mundo soterrado. É o autor do pergameo que dá as instrucións precisas para a viaxe ao inframundo.
Grauben, afillada do profesor e namorada de Axel. Xunto con Marta, a ama de chaves, o seu padriño, e o seu namorado constitúen o núcleo que mora na casa de Königstrasse, no barrio máis antigo de Hamburgo.
Argumento
Dentro dun manuscrito islandés que pertenceu a Arne Saknussemm, Otto Lidenbrock atopa un pergameo cifrado que contén a clave para realizaren unha viaxe ao centro da terra, tal e como o propio Saknussem fixera séculos atrás. O profesor Lidenbrock, Axel e mais o seu guía Hans, comezan no monte islandés Sneffels un descenso que percorrera a codia terrestre até o centro do globo. Con todo, non acadarán o seu obxectivo, pois ao tentaren eliminar un obstáculo cunha explosión, son expulsados nunha arroiada, saíndo á superficie da terra pola boca do volcán Stromboli, na illa siciliana do mesmo nome.
Edición galega A tradución galega é obra de Valentín Arias, e foi publicada por vez primeira na colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia no ano 1985.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Texto orixinal francés na páxina do Proxecto Gutemberg Ficha da obra en Xerais
Categoría:Obras literarias de 1864 Categoría:Novelas en francés Categoría:Novelas de ciencia ficción Categoría:Obras traducidas do francés ao galego