Valentín Arias López, nado na Vilerma (Maside, Sarria) o 21 de abril de 1934 e finado en Sarria o 25 de marzo de 2011"Falece o escritor e tradutor Valentín Arias" , Xornal de Galicia, 25 de marzo de 2011., foi un escritor, tradutor e ensaísta galego. Foi o pai da escritora Xela Arias.
Traxectoria Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e director da Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros (1955-1965). Dirixiu explotacións de froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei (1965-1968) e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Moledo (Sárdoma, Vigo). Traballou na Fundación Penzol (1970-1975) e foi xerente da Editorial Galaxia (1975-1978). Colaborou en El Progreso e Grial. Recibiu o premio de Tradución Plácido Castro en 2001.
En 2008, a entón Consellería de Cultura e Deporte homenaxeou a Valentín Arias co gallo do Día Internacional da Tradución, celebrado o 30 de setembro daquel ano. Recoñecía e premiaba deste xeito o traballo desenvolvido durante anos "Galicia rende homenaxe a Valentín Arias no Día da Tradución", en La Voz de Galicia 1.10.2008..
Obra miniatura|Placa conmemorativa na casa na que viviu na Vilerma. Ensaio A lingua galega na escola, 1969, Galaxia. Lecturas galegas, 1972. A escola rural en Galicia, 1975. Lois e Sabela, 1983. Catro nenos, 1984. En galego sen erros, 1991, Xunta de Galicia. Escribir ben, 1991, Xunta de Galicia. Libro de estilo, 1993, Xunta de Galicia. Prontuario ortográfico de galego, 1993, Edicións do Cumio. Avelino Pousa Antelo: Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, 2004, Ir Indo.
Traducións miniatura|dereita|Valentín Arias A guerrilla antifranquista en Galicia, de Hartmut Heine, 1980, Xerais. Lendas islandesas, de Skúli Gislason, 1982, Xerais, con J. A. Fernández Romero. A volta ó mundo en oitenta días, de Jules Verne, 1983, Xerais. Diego Xelmírez, de Gordon Biggs, 1983, Xerais. Obxectivo: a lúa, de Hergé, 1983, Juventud. O abeto, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais. Carapuchiña vermella, de Charles Perrault, 1984, Xerais. Cincenta, de Charles Perrault, 1984, Xerais. Hänsel e Gretel, dos irmáns Grimm, 1984, Xerais. A muller silveira: conto noruego, 1984, Xerais. O paxaro do engano, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais. O pescador e a súa muller, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais. O príncipe Ring: conto islandés, 1984, Xerais. O soldadiño de Chumbo, de Hans Christian Andersen, 1984, Xerais. Xacobo e o feixó: conto inglés, 1984, Xerais. A Bela e a Besta, segundo Madame de Villeneuve, 1985, Xerais. A pastora dos gansos, dos irmáns Grimm, 1985, Xerais. A raiña das abellas, dos irmáns Grimm, 1985, Xerais. Viaxe ao centro da Terra, de Jules Verne, 1985, Xerais. Contos ó telefono, de Gianni Rodari, 1986, Juventud. Nevebranca e Rosavermella, dos irmáns Grimm, 1986, Xerais. A raiña das neves, de Hans Christian Andersen, 1986, Xerais. Raponcia, de Hans Christian Andersen, 1986, Xerais. Mondo e outras historias, de Jean-Marie Gustave Le Clézio, 1987, reeditado en 2008, Xerais, con Raquel Villanueva. Da terra á lúa, de Jules Verne, 1988, CumioFicha do libro na Rede de Bibliotecas de Galicia.. Os Reis Magos, de Michel Tournier, 1988, Xerais. O urogalo, de Michel Tournier, 1988, Xerais. O cetro de Ottokar, de Hergé, 1989, Juventud. O enxeñoso rato e o axóuxere de lata, de Elisa Ramón, 1989, Ángulo. Os galeóns de Rande, de Robert Sténuit, 1989, Xerais. As 7 bolas de cristal, de Hergé, 1989, Juventud. Voo de noite, de Antoine de Saint-Exupéry, 1989, Xerais. O xardín, de Marguerite Duras, 1989, Xerais. Chamábase Jan, de Irina Korschunow, 1990, Xuvenil Alfaguara. O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes, con Xela Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín, 1990, Xuntanza. Na Roma de Augusto: o fundador do Imperio, de Fiona Macdonald, 1990, Xerais. No Exipto de Ramsés II : o gran faraón, de Jacqueline Morley, 1990, Xerais. Oposicións a bruxa e outros contos, de José Antonio del Cañizo, 1990, Anaya. A orella rota, de Hergé, 1990, Juventud. O silencio do mar e outras narracions, de Vercors, 1990, Edicións do Cumio. O estranxeiro, de Albert Camus, 1991, Edicións do Cumio. O quinto real, de Scott O'Dell, 1991, Edicións S. M. Tintín no Congo, de Hergé, 1991, Juventud. Marcelino pan e viño, de José María Sánchez Silva, 1993, Xunta de Galicia. O conto da serea, de Gonzalo Torrente Ballester, 1994, Juventud. O hostal dos deuses amables, de Gonzalo Torrente Ballester, 1994, Juventud. Contos á máquina, de Gianni Rodari, 1995, Juventud. Trobadores e xograres: contexto histórico, de António Resende de Oliveira, 1995, Xerais.A fractura do miocardio, Jacques Fansten, 1996, Xerais. Un espía chamado Sara, de Bernardo Atxaga, 1998, Edicións S. M. Lombroso e os anarquistas, de Ricardo Mella, 1999, Xerais.O sobriño de Rameau, de Diderot, 2001, BIVIR.Obra en aberto (PDF) no catálofo de BIVIR. A pantasma de Canterville, de Oscar Wilde, 2008, Almadraba. Robinson Crusoe, de Daniel Defoe, 2008, Almadraba.
Edicións Pé das Burgas, de Francisco Álvarez de Nóvoa, 1988, Xerais.
Obras colectivas Antonio Fernández López: empresario, reformador e filántropo, 2001, Ir Indo, con Avelino Pousa Antelo. Lois Tobío: O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo, 2004, Ir Indo, con Xulio Ríos. Xela Arias, quedas en nós, Xerais, 2004.
Traducións colectivas O enxeñoso Fidalgo don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes Saavedra, 1990, Xuntanza Editorial. En colaboración. O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro'', 2009, Salvat. Tradución con Xavier Senín e Isabel Soto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do francés Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2011