La Aurora del Miño foi un periódico semanal editado en Lugo en 1857. É considerado o primeiro xornal informativo de Lugo.Teijeira & Torre (1997), p. 23

Historia Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales, o primeiro número apareceu o 15 de maio de 1857. Fundado por Manuel Soto Freire, o seu director foi Teolindo María Romero ata o 2 de xuño e a partir desa data Dimas Corral Rebellón que dimitiu a finais de xullo,El Iris de Galicia, 26-7-1857, p. 3.Teijeira & Torre (1997), p. 24 e tiña como redactores a Antonio Castro Martínez e aos directores. Colaboraron nel José María Castro Bolaño, José López de la Vega, Luciano Sánchez Gil, José Rodríguez e Román García Blanes.

Características O su formato era de 40 X 30 cm, e contaba con 4 páxinas a 3 columnas; aínda que nos derradeiros 4 números pasou a editarse a 4 columnas. Defínese como apolítico pero comprometido "coa mellora dos costumes e da educación social do noso pobo"Teijeira & Torre (1997), p. 25 e co fomento da agricultura. Incluía poemas, artigos científicos, correspondencia, crónicas, un boletín relixioso e variedades.

Por mor de discrepancias entre os directores e coa marcha en xullo de Dimas Corral, marcharon con el, tamén os redactores, polo que, dende esa data, a publicación foi responsabilidade dunha única persoa, Teolindo Romero, quen aguantou con dificultades uns meses. Desapareceu o 24 de novembro de 1857 co número 32.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:1857 en Galicia