Scream é unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Alexandria, Virginia e asentada na actualidade en Washington, D.C.. Formouse en 1981 e estivo actica ata o ano 1990, realizando posteriormente unha xira en 1993 e un único concerto en 1994. Nesta primeira etapa da súa carreira Scream publicou cinco álbums de estudio.
No ano 2009 a banda reuniuse novamente para realizar varios concertos e en xaneiro de 2012 realizou unha xira por Europa, continuando activa dende entón. En setembro de 2023 o batería Kent Stax morreu de cancro, e en novembro dese ano o grupo lanzou o álbum DC Special.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Still Screaming 1983 Dischord Records This Side Up 1985 Dischord Records Banging the Drum 1987 Dischord Records No More Censorship 1988 RAS Records Fumble 1993 Dischord Records DC Special 2023 Dischord Records
Álbums ao vivo Live at Van Hall - 1988 (Konkurrel Records) Your Choice Live Series Vol.10 - 1990 (Your Choice Records) Live at the Black Cat - 1998 (Torque Records) Complete Control Recording Sessions - 2011 (SideOneDummy Records)
Sinxelos "Walking By Myself/Choke Word" - 1986 (Jungle Hop Records) "Mardi Gras/Land Torn Down" - 1990 (DSI Records)
Notas
Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de Virxinia Categoría:Grupos musicais formados en 1981 Categoría:Grupos musicais separados en 1990 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2009