Henry Thomas Colebrooke, nado o 15 de xuño de 1765 en Londres e morto o 10 de abril de 1837 en Calcuta, foi un filólogo, orientalista e botánico británico, que foi un dos primeiros estudosos da lingua sánscrita e da botánica da India, onde traballou como maxistrado

Traxectoria Fillo do banqueiro e político George Colebrooke, educárono na casa ata os quince anos. Trasladouse á India en 1782, e alí traballou para a administración colonial en distintas zonas do país (Calcuta, Tirhut, Purnia). Da súa actividade ao servizo da administración británica trouxo a inspiración para o ensaio Remarks on the Husbandry and Commerce of Bengal ("Observacións sobre a economía e sobre o comercio de Bengala"), publicado, nun primeiro momento privadamente, en 1795, no cal invocaba o libre cambio entre a India e a Gran Bretaña.

No 1793 comezou o estudo da lingua sánscrita e completou o Digest of Hindu Laws ("Compendio de dereito hindú"), o monumental estudo sobre o dereito hindú que deixara inconcluso William Jones; traduciu despois os tratados Mitākṣarā de Vijñāneśvara e o Dāyabhāga de Jīmūtavāhana, que publicou xuntos baixo o título de Law of Inheritance ("Leis sobre a herdanza").

En 1799 foi enviado a unha misión en Nagpur e, ao seu retorno a Calcuta, nomeárono xuíz do novo tribunal de apelación, do que logo se converteu en presidente. No 1805 o gobernador xeral da India, Richard Wellesley, nomeouno profesor de Dereito hindú no Fort William College de Calcuta. Con William Jones foi un dos fundadores da Asiatic Society, da que tamén foi presidente.

Durante a súa primeira estancia en Calcuta escribiu A Grammar of the Sanscrit Language ("Unha gramática da lingua sánscrita", 1805), varios ensaios sobre as cerimonias relixiosas hindús e Essay on the Vedas ("Ensaios sobre os Veda", 1805); tales obras constituíron por moito tempo o punto de referencia sobre o tema en Gran Bretaña e exercitaron un profundo influxo en toda Europa. A súa gramática sánscrita, en particular, convértese no punto de referencia de toda a lingüística europea e fixo posíbel a fundación da indoeuropeísticaFrancisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 19-33..

Tras a súa morte publicaron Miscellaneous Essays ("Ensaios misceláneos", 1837) e On the Religion and Philosophy of the Hindus ("Sobre a relixión e a filosofía dos hindús", 1858).

No seu labor como botánico deixou descricións de plantas da India, que aparecen baixo a abreviatura Colebr.

Obras Ensaios

Agora en:

Traducións

Agora en: Law of Inheritance. Agora en:

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Asiatic Society. Calcuta. Filoloxía. India. Indoeuropeística. Lingua sánscrita. Lingüística histórica.

Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Orientalistas Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1765 Categoría:Finados en 1837