Laurie Heather Holden, nada en Lancaster, no condado dos Ánxeles (California), o 17 de decembro de 1969, é unha actriz estadounidense e canadense de cinema e televisión.

Traxectoria A súa vea cinematográfica vén desde a infancia xa que é filla de Larry Holden e de Adrienne Ellis que tamén foi actriz. Tivo a súa primeira incursión no cine en 1980, con apenas 8 anos, na película The Martian's Chronicles, xunto a Rock Hudson. Holden comezou a súa carreira profesional na televisión e onde acadou recoñecemento internacional en 1996 polo seu papel da Marita Covarrubias na serie de televisión The X-Files. Os seus traballo cinematográficos inclúen The Majestic (xunto a Jim Carrey) (2001), Fantastic Four (2005), Silent Hill (2006), e The Mist (2007). Estivo nomeada aos Saturn Awards polo papel de Andrea na adaptación televisiva da AMC The Walking Dead (2010).

Filmografía The Martian's Chronicles (1980) Separate Vacations (1986) Physical Evidence (1989) Young Catherine (tv) (1991) Destiny Ridge (tv) (1993) TekWar III (tv) (1994) Highlander (tv) (1995) Expect, No Mercy (1995) The Pathfinder (1996) Past Perfect (1996) The Pathfinder (tv) (1996) Poltergeist: The Legacy (tv) (1996) The X-Files (tv) (1996-2002) Echo (tv) (1997) The Alibi (tv) (1997) The Magnificent Seven (tv) (1998-2000) The Majestic (2001) Meet Market (2004) Bailey's Billion$ (2005) Fantastic Four (2005) Silent Hill (2006) The Mist (2007) The Shield (tv) (2008) The Walking Dead (tv) (2010-2013) Honeytrap (2014) Dumb and Dumber To (2014) Major Crimes (tv) (2014-2015) Chicago Fire (tv) (2015) Pyewacket (2017) The Americans (tv) (2017-2018) Ao outro lado da lei (2018) Proven Innocent (tv) (2019) Arctic Dogs (2019) Fireheart (2022) The Boys (tv) (2022)

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de teatro do Canadá Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Lancaster, California