"Bang" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como sinxelo do seu álbum Leisure o 29 de xullo de 1991. Foi case repudiada pola banda, que afirma que a compuxo en 15 minutos debido ás demandas da discográfica para lanzar un sinxelo, e case nunca a tocaron ao vivo.

A súa decepcionante resposta en comparación coa do anterior sinxelo "There's No Other Way" marcou o final da primeira etapa de popularidade de Blur, que non sería igualada ata a edición de "Girls & Boys" tres anos despois. O sinxelo só acadaría o posto 24 na lista británica de sinxelosPosición na lista de sinxelos británica de "Bang" .

Listaxe de cancións 12" "Bang" (extended) "Explain" "Luminous" "Uncle Love"

7" e casete "Bang" "Luminous"

CD "Bang" "Explain" "Luminous" "Berserk"

Notas

Categoría:Sinxelos de 1991 Categoría:Cancións de Blur Categoría:Composicións musicais de rock alternativo