Fermín Zelada de Andrés Moreno, nado en Ferrol o 27 de novembro de 1912 e finado na Coruña o 9 de xaneiro de 1997 no CHUAC.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-1-1997, p. 79. Foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria Fillo do farmacéutico e alcalde de Ferrol Fermín Zelada Varela, licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e comezou a dar clase nesa mesma facultade cando rematou os seus estudos. A principios da década de 1930 estivo vencellado á conservadora Unión Regional de Derechas (da CEDA)GRANDÍO, Emilio. Organización y poder en la CEDA gallega, Espacio, Tiempo y Forma, Serie V, t. 10, 1997, páx. 230 nota. na cidade compostelá. Porén, logo participou da fundación do núcleo local de Falange Española na cidade, xunto co boticario Víctor MuñozCLARET MIRANDA, J. El atroz desmoche, Crítica:Barcelona, 2006, páx. 177SANZ HOYA, J. Camarada Gobernador. Falange y los Gobiernos civiles durante el primer franquismo . Comunicación presentada no IX Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea, 2008. Alistouse no bando nacionalista na Guerra Civil Española. Membro da Alianza Nacional Católica de PropagandistasREDONDO, G. Historia de la Iglesia en España, 1931-1939: La Guerra Civil, 1936-1939, Ediciones Rialp: Madrid, 1993, páx. 213. colaborou con Francisco Franco na xestión do Estado rebelde dende a súa sede de Burgos.
Ocupou diversos cargos na administración franquista. Así foi nomeado delegado nacional de Traballo en 1940, gobernador civil nas Palmas en 1945,MEDINA SANABRIA, P., La honorificación de Franco, El Blog de Pedro Medina Sanabria. Memoria e Historia de Canarias delegado nacional de Provincias —un cargo que coordinaba os gobernadores civís e dependía directamente do Secretario xeral do Movemento NacionalToma de posesión del nuevo Delegado Nacional de Provincias, ABC, 26/10/1945— entre 1945 e 1948, e procurador nas Cortes Españolas en diversas lexislaturas, unhas veces por designación e outras en razón dos cargos.
En 1948 foi nomeado xefe da asesoría xurídica do Banco Exterior de España, e sete anos máis tarde, en 1955, accedeu á secretaría xeral da entidade. Permaneceu nese cargo durante vinte e dous anos, ata que en 1977 se fixo coa súa presidencia,Relevo en la presidencia del Banco Exterior, El País, 29/7/1977 que retivo ata a súa xubilación en decembro de 1982, cando foi substituído por Francisco Fernández Ordóñez. Membro do Consello privado do Conde de Barcelona, en 1977 foi designado senador polo rei Xoán Carlos, e integrouse no grupo de Senadores Independentes, a fracción máis conservadora dos senadores de designación real.
Tamén foi membro do consello de goberno da Editorial Católica, un importante grupo de empresas editoriais españolas da época franquista.
Galardóns Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (1947).
Vida persoal Casou con María del Carmen Jurado Herrera, e entre os seus dez fillos cóntanse o pintor coruñés Miguel Zelada Jurado e o embaixador Fermín Zelada Jurado. A súa vivenda familiar estaba situada en Montrove (Oleiros). Unha das súas fillas faleceu no accidente de Montrove., ABC, 15/8/1973.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha como Procurador en Cortes
Categoría:Falanxistas Categoría:Senadores de Galicia por designación real Categoría:Gobernadores civís das Palmas Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes