José María López Ramón, nado en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1916 e finado en Ferrol o 29 de abril de 2009, foi un militar, xornalista e político galego.
Traxectoria Despois de pasar a súa infancia en Corcubión, licenciouse en dereito e en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou como militar de artillaría e en 1949 comezou a traballar como delegado en Ferrol do xornal El Correo Gallego, trasladado recentemente da cidade departamental a Santiago de Compostela. Simultaneou ese posto co de director da emisora de radio La Voz de Ferrol, de 1950 a 1963.
En 1959 foi designado alcalde de Ferrol e escollido como procurador nas Cortes Españolas en representación dos concellos coruñeses. Nese tempo inícianse as obras da ponte das Pías. En 1963 foi nomeado Gobernador civil de Ourense cargo que ocupou ata 1970, co que mantén o posto de procurador que lles correspondía a todos os gobernadores civís.
Acadou o grao de coronel de artillaría no momento da súa xubilación, e regresou a Ferrol, onde chegou a ser conselleiro delegado do xornal Ferrol Diario.
Obra Memorias periodísticas del Ferrol de los cincuenta (2002)
Galardóns Fillo adoptivo de Ferrol, Corcubión e Ourense. Alcalde de honra de Ferrol Gran Cruz da Orde ao Mérito Civil Gran Cruz da Orde ao Mérito Militar
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes