Fernando Diz-Lois Martínez, nado en Ourense en 1936, é un médico e escritor galego.

Traxectoria É especialista en Medicina Interna e Nefroloxía pola Clínica da Concepción (FJD) e pola Universidade de Pensilvania, en Estados Unidos.

Desde 1973 traballou como xefe do Departamento de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, traballo que combina co ensino universitario. Mantén publicamente unha posición antiabortista. Reproducido parcialmente en Pastoral Santiago, consultado o 7 de xullo de 2018.

Como escritor, publicou varios artigos en revistas médicas e dous libros sobre as súas orixes na cidade de Ourense e Entrimo e a súa bisbarra.

Premios Medalla Castelao 2009. Medalla ao Mérito Sanitario. Medalla de ouro e brillantes do Colexio de Médicos da Coruña.

Obras Orense Recuerdos de una Ciudad, 2005, ISBN 84-609-6500-7. Xures, Kadmos, 2010, ISBN 978-84-9737-139-1.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1936 Categoría:Médicos de Ourense