miniatura|dereita|Membros do ETSI. O ETSI (European Telecommunications Standards Institute) é unha organización de estandarización europea da industria das telecomunicacións (fabricantes de equipos e operadores de rede) que se define como independente, sen ánimo de lucro e con proxección internacional. O ETSI tivo éxito na estandarización de Low Power Radio, Short Range Device, o sistema de telefonía móbil GSM e o sistema TETRA.

Historia e características Un dos grupos importantes de estandarización inclúe TISPAN (para redes fixas e converxencia de Internet). O ETSI inspirou a creación do 3GPP e tamén é membro no mesmo.

O ETSI foi creado pola CEPT (European Conference of Postal and Telecommunications Administrations) no ano 1988 e é recoñecido oficialmente pola Comisión Europea e pola secretaría da EFTA. Baseado en Sophia Antipolis, en Francia, o seu obxectivo oficial é a estandarización das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicacións) en Europa. Estas tecnoloxías inclúen telecomunicacións, radiodifusión e áreas relacionadas coma o transporte intelixente e electrónica médica. O ETSI ten 740 membros de 62 países/provincias tanto dentro coma fóra de Europa, incluíndo fabricantes, operadores de rede, administracións, provedores de servizos, grupos de investigación e usuarios, de feito, todos os involucrados no mercado das TIC. A lista actual de membros pódese achar en aquí.

No 2005, o presuposto do ETSI superou so 20 millóns de Euros, con contribucións dos membros, actividades comerciais como a venda de documentos etc. Arredor do 40% gástase en custos de operación e o 60% restante en programas de traballo incluíndo centros de competencia e proxectos especiais.

O ETSI e membro fundador da iniciativa Global Standards Collaboration.

O ETSI foi criticado pola inclusión preventiva de capacidades de escoita (wiretrapping) nos estándares de comunicación, animando ós gobernos a aprobar leis de escoita.

Tipos de documentos ETSI European Standard, telecommunications series (EN) - Cando o documento está pensado para cumprir necesidades específicas de Europa e precisa unha transposición a estándares nacionais, ou cando o borrador do documento é requirido por un mandato EC/EFTA. ETSI Standard (ES) - Cando o documento contén requirimentos normativos e é necesario entregalo a todos os membros do ETSI para a súa aprobación. ETSI Guide (EG) - Cando o documento contén axuda ou guías sobre o manexo de actividades de estandarización técnica, e é entregado a todos os membros do ETSI para a súa aprobación. Special Report (SR) - Empregado para varios obxectivos, incluíndo proporcionar acceso público a información que non se xerou dentro dun comité técnico. Os SR tamén se empregan como "documentos virtuais", por exemplo documentos xerados dinámicamente pola consulta a unha base de datos a través da web. Un SR publícao o comité técnico que o creou. ETSI Technical Specification (TS) - Cando o documento contén requirimentos normativos e cando son esenciais un rápido desenvolvemento, validación e mantemento. É aprobado polo comité técnico que creou o borrador do mesmo. ETSI Technical Report (TR) - Cando o documento contén sobre todo elementos informativos. É aprobado polo comité técnico que creou o borrador do mesmo. ETSI Group Specification (GS) - Empregado polos Grupos de Especificación Industrial segundo os precedimentos de toma de decisións definidos nos Termos de Referencia do grupo. Este tipo é aprobado e adoptado polo Grupo de Especificación Industrial que creo o borrador de mesmo.

Esta lista foi obtida da páxina web do ETSI.

Notas

Véxase tamén Outros artigos 3GPP British Standards Institution CAdES DECT Digital Subscriber System No. 1 CENELEC European Committee for Standardization GSM HiperLAN HiperMAN ISDN KASUMI MMI OMA PAdES Project 25 Single Wire Protocol TBR21 TETRA TISPAN XAdES

Ligazóns externas Official Website NORMAPME.com, The European Office of Crafts, Trades and Small and Medium sized Enterprises for Standardisation

Categoría:Telecomunicacións Categoría:Organizacións de Europa