Irwin A. Rose, nado o 16 de xullo de 1926 en Brooklyn, Nova York (Estados Unidos), é un bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2004.

Traxectoria Comezou os seus estudos de bioquímica na Universidade do Estado de Washington, estudos interrompidos pola segunda guerra mundial e que continuou posteriormente na Universidade de Chicago, onde se graduó en 1948 e se doutorou en 1952. Actualmente é profesor do Departamento de Biofísica da Universidade de California da cidade californiana de Irvine.

Investigacións científicas Iniciou a súa investigación na degradación das proteínas. En colaboración cos biólogos israelitas Aarón Ciechanover e Avram Hershko, observou como era a ubiquitina, unha pequena proteína que aparece de forma natural nas células eucariotas. Por este descubrimento en 2004 foi galardoado, xunto cos seus colaboradores, co Premio Nobel de Química.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2004 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2004 Perfil de Irwin Rose en NNDB

esquerda|220px|miniatura|De esquerda á dereita: Irwin Rose, Avram Hershko e Aaron Ciechanover na cidade de Estocolmo en 2004 con motivo da entrega dos Premios Nobel.

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América