Xesús Pérez Varela, nado en Redondela o 19 de abril de 1949 e finado en Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de 2025, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria Estudou bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo, Maxisterio na Escola Normal de Lugo e xornalismo na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid. Exerceu como redactor e comentarista político nos diarios Marca, Aragón Express, La Gaceta del Norte, Región e El Imparcial, xornal que dirixiu entre xuño e decembro de 1979. Foi xefe de publicacións e de comunicación no Museo Arqueolóxico Nacional de España (1981-1987).

En 1990 pasou á primeira liña política ao ser nomeado director do gabinete de comunicación do presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Co PPdeG foi secretario xeral de Comunicación (1991-1996), deputado no Parlamento de Galicia (1997) e conselleiro de Cultura e Comunicación Social (1997-2005). Nesta etapa foi unha das figuras máis destacadas dos gobernos de Manuel Fraga e o impulsor da construción da Cidade da Cultura, que se remataría anos despois da súa retirada política. A polémica da obra, polos seus obxectivos, contratos e orzamento, acompañouno na súa actividade política e fóra da política.

Ao abandonar o goberno logo das eleccións de 2005, foi nomeado para o Consello de Administración da CRTVG, cargo que ocupou até a súa xubilación.

Controversia No ano 2002, con ocasión dun concerto en Santiago de Compostela da Orquestra Sinfónica de Galicia, preguntóuselle a Xesús Pérez Varela, entón conselleiro de cultura sobre a súa asistencia ao mesmo, e contestou eloxiando a "cantante" "Carmiña Burana"."Pérez Varela y Carmina Burana" , artigo de Jose Millares no blog JamSession, 22 de outubro de 2004 (consultado o 8 de marzo de 2010)

Vida persoal Despois de retirarse viviu tamén en Ecuador e Nova York.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Xornalistas de Redondela Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Finados en 2025