La Causa foi un periódico aparecido en Pontevedra en 1913.
Características Subtitulado Órgano de la Federación Agrícola de Pontevedra y defensor de los trabajadores del campo y del obrero en general, apareceu o 1 de marzo de 1913 con carácter semanal. Dirixido por Francisco Soliño, a súa liña editorial enmarcouse na propaganda agraria. Incluía temas como a eliminación do sistema foral ou a loita anticaciquil. Tamén apareceron nas súas páxinas algúns poemas escritos en galego. Polemizou con La Tierra. Deixou de publicarse co número 15, o 23 de xuño de 1913.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Foralismo Caciquismo Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1913 en Galicia Categoría:Prensa anticaciquil Categoría:Prensa agraria