Caquetá é un dos 32 departamentos de Colombia. Atópase localizado no suroccidente do país, na rexión amazónica colombiana, sendo Florencia a súa capital. A rexión do Caquetá iniciase ao pé do monte andino e remata nos escarpes de Araracuara, en plena selva amazónica. Grandes ríos regan o territorio, tódolos afluentes do río Caquetá, que lle serve de límete polo sur. Entre estes ríos destacan o Ajajú ou Apaporis, o Yarí, o Caguán e o Orteguaza, navegábeis por embarcacións menores.
A excepción das poboacións que moran baixo as bases da corilleira, e uns poucos casaríos indíxenas nas marxes dos grandes ríos, o resto do territorio áchase practicamente deshabitado e cuberto de espesa selva tropical húmida, cunha temperatura de entre 27º e 29º.
Os solos están compostos sobre rocas metamórficas da serie das Guaianas, ademais de arenitas de roraima e do Cretáceo. Tamén aparecen cara a cunca do Caquetá rocas sedimentarias do Cenozoico.
Demografía
Composición étnica Mestizos e brancos (94,75%) Negros ou afrocolombianos (3,74%) Indíxenas (1,51%) Xitanos (0,00%)
Municipalidades miniatura|350px|esquerda|Municipios de Caquetá, con Florencia (capital) Albania Belén de los Andaquíes Cartagena del Chairá Curillo El Doncello El Paujil Florencia La Montañita Puerto Milán Morelia Puerto Rico San José del Fragua San Vicente del Caguán Solano Solita Valparaíso
Economía Economicamente, o territorio é rico en madeiras, resinas, plantas medicinais e gomas. Os solos, especialmente os que lindan coa cordilleira, son fértiles, e aproveitanse con cultivos de arroz, plátano, iuca, cacao e cana de azucre. No pé do monte, existen depósitos de estaño e carbón.
A fauna é diversa e abundante, tanto a terrestre como a fluvial.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Caquetá Categoría:Departamentos de Colombia