Javier Rodrigo de Santos, nado en Burgos o 4 de maio de 1965, é un político castelán, vinculado ao Partido Popular até o ano 2009, cando foi expulsado por mor dunha condena por abusos sexuais a menores.
Traxectoria Residente en Palma desde 1991, foi tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo do seu concello polo Partido Popular. O seu nome saltou á fama a razón de escándalos de malversación de fondos públicos e abusos sexuais a menores. Foi director da campaña electoral de Jaume Matas en 2003. O 28 de outubro do 2009 de Santos foi condenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Baleares a 13 anos e seis meses de cárcere por abusos sexuais a menores referidos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Políticos de Castela e León Categoría:Nados en Burgos Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Concelleiros de España