1492: Conquest of Paradise é unha longametraxe dirixida por Ridley Scott que foi estreada en 1992. Escrito por Roselyne Bosch, o filme foi realizado para conmemorar o 500 aniversario do descubrimento de Cristovo Colón (Gérard Depardieu).

Sinopse Cristovo Colón, un navegante xenovés, soña con atopar unha nova ruta marítima que lle permita á Castela chegar directamente ós mercados de Asia, á fin de prescindir dos intermediarios que encarecían as mercadorías. Colón presentara o seu proxecto ó rei de Portugal, pero foi rexeitado porque considerábano posible pero demasiado custoso. Tamén en Castela foi rexeitado nun principio. A pesar de todo, Colón consegue o apoio do padre Marchena e do armador Martín Alonso Pinzón. Ademais, o banqueiro valenciano Luis de Santángel promételle unha audiencia coa Raíña Sabels de Castela, quen aproba o proxecto. O 3 de agosto de 1492, Colón parte do Porto de Palos e o 12 de outubro de 1492, 'La Pinta', 'La Niña' e 'La Santa María', atracan nunha pequena illa do mar Caribe á que chamarán San Salvador, un illote do estado actual das Bahamas. Colón descobre un novo continente que fai medrar os límites do mundo coñecido ata entón.

Personaxes Gérard Depardieu como Cristovo Colón Sigourney Weaver como Sabela de Castela Ángela Molina como Beatriz Enríquez de Arana Loren Dean como Fernando Colón, adulto Armand Assante como Gabriel Sánchez Fernando Rey como Antonio de Marchena Tchéky Karyo como Martín Alonso Pinzón Frank Langella como Luis de Santángel Fernando Guillén Cuervo como Giacomo Colón Achero Mañas como Rodrigo, tripulante Mark Margolis como Francisco de Bobadilla Steven Waddington como Bartolomé Colón Michael Wincott como Adrian de Múxica Arnold Vosloo como Hernando de Guevara Kevin Dunn como Capitán Méndez Kario Salem como de Arojaz Juan Diego Botto como Diego Colón Isabel Prinz como Dueña Jack Taylor como de Vicuña

Galardóns e nomeamentos 1993: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor Banda Sonora (Vangelis). 1992: Nomeada pola British Society: Mellor Fotografía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Ridley Scott Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados no Reino Unido Categoría:Filmes rodados en Costa Rica Categoría:Filmes rodados na República Dominicana Categoría:Filmes rodados nas Illas Virxes Estadounidenses Categoría:Filmes ambientados na América precolombiana Categoría:Filmes ambientados en América do Norte Categoría:Filmes ambientados no Caribe Categoría:Filmes ambientados en España