O Linares Club de Fútbol foi un equipo de fútbol español da cidade de Linares, na provincia de Xaén. Foi fundado en 1960 e desapareceu en 1990.
Historia O Linares Club de Futbol nace en 1960 e comeza a xogar en Categoría Rexional. En 1965 logra o ascenso a Terceira División. Nesta categoría permanece 5 anos, ata que na tempada 1969/70 descende outra vez a categoría rexional. Só un ano despois regresa á categoría nacional.
Tras dous anos en Terceira, na tempada 1972/73, proclámase campión do seu grupo de Terceira e logra o ascenso a Segunda División por primeira vez na súa historia. Só permanece unha tempada na categoría, descende como pechacancelas. Tras dous anos en Terceira División créase a Segunda División B en 1977, o Linares CF participa na primeira edición terminando en 14º posto. Na 1979/80 finaliza primeiro do grupo e ascende por segunda vez a Segunda División.
No seu regreso á Segunda División finaliza 12º na súa primeira campaña e logra manter a categoría tres tempadas. Na 1983/84 regresa a Segunda B. Na 1988/89 o Linares, xogou o seu último partido de liga no Vicente Calderón, ante o Atlético Madrileño, xogándose neste partido de novo o ascenso a Segunda. Non conseguiu o obxectivo. A seguinte tempada finaliza 7º, pero é descendido a Terceira por non pagar aos xogadores e desaparece en 1990. Fúndase na cidade o CD Linares para que o fútbol na localidade non morra.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco, medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón branco, medias vermellas.
Estadio
Estadio Municipal de Linarejos, construído en 1956, con capacidade para 10.000 persoas.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 5 Tempadas en 2ªB: 8 Tempadas en 3ª: 11 Mellor posto na liga: 12º (Segunda División, tempada 1980-81)
Xogadores destacados Roberto Romero Horacio Agostinelli Ricardo Martínez Omar Sánchez Mario Véner Stjepan Milardović Wolfgang Koch Antonio Vara Adriano Cano Manuel Preciado Víctor Celso Rafael Benítez Manuel Mesa Francisco Pariente Manuel Toledano Peio Agirreoa José Luis Sarabia Juan De Ramos
Palmarés Segunda División B de España (1): 1979-80 Subcampión de Terceira División (2): 1972-73, 1986-87