San Vicente de Cubelas é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental. Segundo o censo en 2004 tiña 451 habitantes, agrupados en 19 entidades e un lugar, cunha densidade de poboación de 29,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 350 habitantes, sendo 164 homes e 186 mulleres.
Toponimia O topónimo Cubelas é un diminutivo do substantivo cova ("burata, cavidade natural do terreo") co sufixo -ela (do latín ). Aparece documentado en textos medievais a través de formas como sanctus Uincencius de Couelas (1124), Couelas (1202, 1286), Couellas (1286, 1287), sancti Vincencii de Couelis (1373) ou San Viçenço de Cubelas (1488).
Xeografía Limita ao norte coas parroquias de Vilaframil e parte da de Piñeira, ao leste coa de Ove, excepto en Santalla de Vilausende -nestas o río Grande failles de separación-; ao sur, o mesmo río sepáraa de Cedofeita e o río Lexoso a separa de Arante polo oeste, xunto coa parroquia da Devesa. A parroquia pertence ao arciprestado de Ribadeo. Ten unha altitude media de 160 m.
Evolución da poboación miniatura|Evolución do padrón de poboación de Cubelas|328x328px Cubelas presenta unha despoboación continuada no comezo do século XXI: AnoTotalhomesmulleres2018339156183201734315818520163391601792015354165189201435016418620133591701892012362172190201137117719420103901921982009403197206200840219520720074201982222006422197225200543620423220044512152362003456215241200247021925120014682182502000471223248
Entidades de poboación As entidades de poboación son As Anzas (59), Os Batais (4), A Cabana (4), A Capela (abandonado), Os Carboeiros (4), A Casa da Hedra (10), Celeirós (3), O Esfolado (10), Marelle (9), A Ponte (5), O Pousadoiro (abandonado), Reme de Arriba (12), Sa (24), Salcedo (19), San Vicente (70), A Silveira (abandonado), Somo (7), O Vilar (19) e Vilela (90). O lugar (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) é O Mondigo.
Historia Esta documentada como 'Covellas' no s. XIII, en textos no arquivo da Catedral de Mondoñedo, aínda que xa no ano 1488 aparece como 'Cubelas'. Pode derivarse de cuba, procedente do latín cupa e o sufixo diminutivo -ella, o mesmo que de cova, (latín cova), con derivación semellante, e indicando un conxunto de pequenas vlagadas que forma no terreo cara ó río Grande.Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf A longa tradición autóctona decántase pola primeira forma, Cubelas, contra a segunda, Covelas.Charla mantida con José Mª Rodríguez Díaz, con estudos sobre a materia.
En Cubelas localízase o Castro da Pumarega.
En Cubelas, Arante e Santalla de Vilausende concéntrase a maior parte da produción agrícola e gandeira do concello de Ribadeo. Nesta parroquia atópase o punto máis alto do concello, o monte Mondigo de 571 metros de altitude. Nel sitúanse repetidores de televisión, radio e comunicacións.
Comunicacións A principal vía de comunicación que atravesa a parroquia é a estrada LU-133, coa desviación LU-P-5207 que a conecta coa capital do concello.
Festas miniatura|Adro da igrexa de Cubelas A festa patronal celébrase o 22 de xaneiro, dedicada a San Vicente. O 15 de setembro celébrase a Festa da Virxe das Dores, que presenta un carácter máis festivo que a anterior.Dende o ano 2014 non se celebra a festa de setembro. Recollido falando cunha veciña do lugar.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cubelas
Parroquias de Ribadeo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo
Notas
Categoría:Parroquias de Ribadeo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente