Pilar Barreiro Álvarez, nada en Lugo o 24 de novembro de 1955, é unha política galega radicada na Rexión de Murcia. É alcaldesa de Cartagena desde o 17 de xuño de 1995 e deputada no Congreso desde marzo de 2008 polo Partido Popular. Ten dous fillos.

Traxectoria Licenciouse en Dereito no ICADE. Pertence ao Colexio de Avogados de Cartagena desde 1981, e en 1983 desempeñou a función de xuíz substituta de distrito. En 1986 iniciou a súa actividade docente na Escola de Estudos Empresariais da Escola Universitaria de Graduados Sociais de Cartagena. Na actualidade imparte clases na UNED.

En 1987 ingresou en Alianza Popular, e tres anos despois pasou a formar parte dos comités executivos local e rexional. Entre 1991 e 1995 foi deputada na Asemblea Rexional de Murcia pola circunscrición de Cartagena, sendo portavoz adxunta do seu grupo parlamentario. O 17 de xuño de 1995 converteuse na primeira alcaldesa de Cartagena, ao obter o PP 15 das 27 concellerías da corporación. Revalidou a maioría absoluta en 1999, 2003 e 2007. Nas eleccións xerais do 9 de marzo de 2008 foi elixida deputada para o Congreso.

En 2004 foi pregoeira das festas de Cartagineses e RomanosPregón 2004: Pilar Barreiro Ávarez ..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Pilar Barreiro no Congreso dos Deputados .

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Alcaldes de Cartaxena Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en 1955