"Pay No Mind (Snoozer)" é unha canción do artista estadounidense Beck, editada como segundo sinxelo do seu álbum Mellow Gold en abril de 1994.

Concepción e gravación Dise que é unha das cancións máis vellas do Mellow Gold, e Beck ten afirmado que a compuxo aos 18 ou 19 anos. Tamén dixo que orixinalmente tiña 10 estrofas, e que foron reducidas para a súa edición comercial. Nun limitado número de vinilos de 12" de Mellow Gold, pode escoitarse unha versión cunha estrofa engadida, inserida entre a primeira e a segunda da versión normal.

Listaxe de cancións "Pay No Mind (Snoozer)" [LP Version] - 3:17 "Special People" - 1:43 "Trouble All My Days" - 2:24 "Super Golden Black Sunchild" - 2:26

Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de Beck