Eugenio Vázquez Gundín, nado en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 1884 e finado na Coruña o 9 de maio de 1977, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou no Seminario de Santiago de Compostela, onde se licenciou en filosofía e teoloxía, aóinda que que non chegou a ordenarse. En 1910 licenciouse en dereiro na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade de Madrid. Foi rexistrador da propiedade en Galicia, Andalucía e Cataluña e secretario da Sala de Audiencia e da Sala do Contencioso-administrativo da Coruña. De 1919 a 1926 participou na creación de sindicatos agrarios en Ortigueira e foi presidente da Federación de Sindicatos Agrícolas Católicos do Condado de Ortigueira e da Federación Católico Agraria da Coruña. Fundou e dirixiu Acción Agraria e colaborou en El Ideal Gallego e A Nosa Terra. En marzo de 1931 editou a revista xurídica Derecho y Justicia.El Ideal Gallego, 19-3-1931, p. 1. Militante de Acción Popular, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas Eleccións xerais de 1933 nas listas da CEDA. A súa actividade parlamentaria caracterizouse por defender o que el consideraba como os intereses de Galicia, moitas veces rompendo a disciplina do partido, como o 15 de novembro de 1935 cando defendeu os intereses dos pescadores galegos. Aínda que figurou inicialmente na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936, finalmente non chegou a presentarse.
Obras miniatura|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936. Estudios prácticos de la nueva Ley de Arrendamientos rústicos, Madrid, 1941. Arrendamientos rústicos y urbanos, 1967. Sospiros do corazón, 1967. Os meus cantares, 1968. Cantos e fábulas, 1970. Amor y humor, 1974.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Organización y poder en la CEDA gallega de Emilio Grandío Seoane
Categoría:Avogados de Santiago de Compostela Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1977