William Shakespeare's Romeo and Juliet (a miúdo acurtado como Romeo + Juliet) é un filme estadounidense de 1996 dirixido por Baz Luhrmann. Baséase na obra Romeu e Xulieta de William Shakespeare. O filme conta a historia dos mozos namorados en Verona Beach, nun marco modernizado do clásico, xa que este sitúase na nosa época. As espadas substitúense por pistolas, e os homes das familias enfrontadas, os Capuleto e os Montesco son importantes homes de negocios.
Sinopse En Verona sucédense os enfrontamentos entre as dúas familias máis poderosas -os Montesco e os Capuleto-, debido a antigas diferenzas e xenreiras. Dentro dun contexto urbano que non descarta a violencia, Fulgencio Capuleto organiza unha festa á que vai -grazas á mediación do seu amigo Mercutio-, Romeo Montesco. Os Capuleto tentan que a súa xove filla -Xulieta- se comprometa co arrogante Dave Paris -o fillo do gobernador-. Pero cando Romeu e Xulieta se ollan un ó outro de xeito casual, xurdirá dende o primeiro momento o seu mítico amor.
Personaxes Leonardo DiCaprio como Romeu Montesco. Claire Danes como Xulieta Capuleto. John Leguizamo como Teobaldo Capuleto. Harold Perrineau como Mercutio. Pete Postlethwaite como Frei Lorenzo. Brian Dennehy como Ted Montesco. Christina Pickles como Caroline Montesco. Paul Sorvino como Fulgencio Capuleto. Diane Venora como Gloria Capuleto. Paul Rudd como Dave Paris. Vondie Curtis-Hall como o capitán Príncipe. Miriam Margolyes como a ama. Jesse Bradford como Baltasar. Dash Mihok como Benvolio. Zak Orth como Gregory. Jamie Kennedy como Sampson. M. Emmet Walsh como Apothecary. Vincent Laresca como Abram.
Galardóns e nomeamentos 1996: Nomeada ó Oscar: Mellor dirección artística. 1996: 4 premios BAFTA, incluíndo montaxe, guión adaptado. 7 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lehmann, Courtney. "Strictly Shakespeare? Dead Letters, Ghostly Fathers, and the Cultural Pathology of Authorship in Baz Luhrmann's 'William Shakespeare's Romeo + Juliet'." Shakespeare Quarterly. 52.2 (Summer 2001) pp. 189–221. Malone, Toby. Behind the Red Curtain of Verona Beach: Baz Luhrmann's 'William Shakespeare's Romeo + Juliet' Shakespeare Survey. 65 (1), 2012. pp 398–412.
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Baz Luhrmann Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes sobre suicidio