A selección de hóckey a patíns masculina de Angola é o equipo que representa a Angola nas competicións internacionais de hóckey a patíns organizadas pola FARS ou polo CIRH. A selección angolana depende da Federação Angolana de Patinagem (FAP). Trátase dunha das mellores seleccións deste deporte no continente africano xunto coa selección de Mozambique, se ben esta última conta cun título internacional (o Campionato do Mundo "B" do 2006), a selección angolana colleitou mellores resultados no Campionato do Mundo, torneo do cal é habitual dende que ascendera dende o Campionato do Mundo "B" de 1994 (como segundo clasificado) e no que conseguiu como mellor clasificación o 6º posto no Mundial do 2009 disputado en Pontevedra e Vigo (Galiza).
Equipo Estes son os xogadores convocados para disputar a Copa das Nacións de Montreux (Suíza) do 2011.
NºNOMEPOSICIÓN1Silverio Quiteque2Andre Centeno 3Miguel Gomez 4Anacleto Silva 5Afonso Coxe 6Joao Vieira 7Andre Gomes 8Humberto Mendes 9Joao Pinto 10Tiago SousaPorteiro Adestrador: Miguel Riera Asistente: Orlando Graça
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial da Federação Angolana de Patinagem A selección de Angola en hoqueipatins.cat
Angola Categoría:Seleccións deportivas de Angola Categoría:Hóckey a patíns en Angola