A selección de hóckey a patíns masculina de Macau é o equipo que representa á Região Administrativa Especial de Macau da República Popular da China nas competicións internacionais de hóckey a patíns organizadas pola CARS ou polo CIRH en categoría masculina. Depende da Federação de Macau de Patinagem. Ao longo dos anos ten participado nas principais competicións deste deporte a nivel de seleccións, o Campionato do Mundo, o Campionato de Asia, e a Copa das Nacións de Montreux, se ben a súa última participación no Campionato do Mundo data do 2005, no que finalizou na 16ª e última posición, polo que se viu relegado ao Campionato do Mundo "B". É a maior potencia do hóckey a patíns en Asia, gañando sete títulos do Campionato de Asia, entre eles as catro últimas edicións de xeito consecutivo.
Equipo Estes son os xogadores convocados para a Copa das Nacións de Montreux (Suíza) en 2011.
NºNOMEPOSICIÓN2Augusto Fernandes5Nuno Azevedo 7Nuno Antunes 9Alberto Lisboa 16Pedro Meireles 23Dinísio da Luz 55Leong Chak In 59Ricardo Atraca 66Paulo Gibelino 98Hélder Ricardo
Adestrador: Dulce Atraca Lisboa Asistente: Sonia Silva
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas A selección de Macau en hoqueipatins.cat
Macau