Raúl García Escudero, nado en Pamplona o 11 de xullo de 1986, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Athletic Club.
Traxectoria Raúl García é unha das novas perlas da canteira de Osasuna. Formado nas instalacións de Tajonar, deu o salto a Primeira división da man de Javier Aguirre. Militou no primeiro equipo rojillo desde o ano 2004 ao 2007, contribuíndo de forma fundamental á clasificación de Osasuna para a Champions League e chegando a semifinais da Copa da UEFA nos anos 2006 e 2007 respectivamente.
É un xogador moi completo, con gran visión de xogo; bo distribuidor, ten un potente disparo de media e longa distancia e ademais é un óptimo cabeceador.
Estas características fixeron que equipos como o Valencia, Zaragoza, Real Madrid ou Atlético de Madrid fixásense nel. Finalmente o 19 de xuño de 2007 fichou por cinco tempadas polo Atlético de Madrid.
Na súa primeira tempada co Atlético (2007-2008) obtivo a Copa Intertoto. Foi titular habitual e contribuíu co seu xogo e algúns goles á clasificación para a fase previa da Champions League. Na tempada 2009/2010 proclamouse campión da Europa League e subcampión da Copa do Rei e ao comezo da 2010/2011 foi campión da Supercopa de Europa.
Palmarés Atlético de Madrid Primeira División (1): 2013/14. Copa do Rei (1): 2012/13. Supercopa de España (1): 2014. Europa League (1): 2009/10. Supercopa de Europa (2): 2010, 2012.
Athletic Club Copa do Rei (1): 2023/24. Supercopa de España (1): 2021.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en BDFutbol.com
Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 1986 Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España