250px|miniatura|dereita|Ferruccio Panagini en 1953. Ferruccio Panagini, nado en Novara (Piemonte) o 12 de outubro de 1929 e finado en Novara o 20 de abril de 2010, foi un xogador e adestrador de hóckey a patíns italiano campión do mundo en 1953.
Traxectoria Ferruccio Panagini iniciou a súa carreira deportiva no club da súa cidade natal, o Hockey Novara, club co que gañou seis ligas (1946, 1947, 1949, 1950, 1958 e 1959). Fixo o seu debut na selección italiana en 1948, a partir daquela e ata a súa retirada da selección azzurra en 1961 colleitou 157 participacións, aínda que o seu mellor momento na selección chegou en 1953 coa consecución do Campionato do Mundo disputado en Xenebra (Suíza) e que supuxo o primeiro título mundial de Italia nesta modalidade deportivaEsta competición tamén foi considerada Campionato de Europa. Logo da súa etapa como xogador foi comisario técnico da selección italiana entre 1964 e 1969. Foi nomeado a Cavaliere della Repubblica Italiana.
Finalizada a súa experiencia na selección converteuse no adestrador do seu equipo de sempre, o Novara, gañando seis scudetti entre 1969 e 1977. Foi galardoado coa Medalla de ouro ao valor atlético.
Palmarés Como xogador Hockey Novara 6 Ligas Serie A1: 1946, 1947, 1949, 1950, 1958 e 1959
Selección italiana 1 Campionato do Mundo: 1953
Como adestrador Hockey Novara 6 Ligas Serie A1: 1969, 1970, 1971, 1972, 1975 e 1977 3 Copas de Italia: 1969, 1970 e 1972
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información sobre Ferruccio Panagini en medagliedoro.org
Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Italia Categoría:Nados en Novara Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2010