miniatura|Ilustración referida á Constitución de 1869 na revista satírica "Gil Blas" (28 de maio de 1871). A Constitución española de 1869 (oficialmente: Constitución da Nación Española) foi a lei fundamental que rexeu no estado español dende a súa promulgación o 6 de xuño de 1869 até a abdicación de Amadeu I e a posterior proclamación da Primeira República Española en 1873. Foi unha constitución moi avanzada para a súa época.Palomero (2006), p.47.
Composición A constitución estaba dividida en once títulos: dereitos, poderes públicos, poder lexislativo, as seccións de convocatoria de Cortes, as do Senado e o Congreso, sobre El-Rei, sobre a sucesión da coroa e a rexencia, sobre os ministros, sobre o poder xudicial, as administracións territoriais, as contribucións e forzas públicas, as provincias de Ultramar e, finalmente, un título referido á reforma da Constitución.
Porén, o texto incluía tamén dúas disposicións transitorias: a primeira referíase á elección dun novo monarca e, a segunda, sobre certas potestades do poder executivo até a promulgación dunha lei orgánica de tribunais.
Principios básicos A Constitución española de 1869 era de tendencia liberal progresista e recoñecía:
O principio da soberanía nacional. Establecía unha monarquía democrática (con predominio das Cortes Xerais sobre o rei). Recoñecía liberdades democráticas plenas (como a liberdade de culto). Proclamaba o sufraxio universal (só masculino).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bahamonde, Ángel (1996). España en democracia. El Sexenio, 1868-1874. Madrid: Historia 16-Temas de Hoy. ISBN 84-7679-316-2 Fontana, Josep (2007). La época del liberalismo. En Historia de España, dirixida por Josep Fontana e Ramón Villares. Vol. 6. Barcelona: Crítica/Marcial Pons. ISBN 978-84-8432-876-6 López-Cordón, María Victoria (1976). La revolución de 1868 y la I República. Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-323-0238-4
Maroto Fernández, José (2003). Historia de España. Barcelona: ed. Almadraba. ISBN 978-84-8308-522-6
Suárez Cortina, Manuel (2006). La España Liberal (1868-1917). Política y sociedad. Madrid: Síntesis. ISBN 9788497564151 Vilches, Jorge (2001). Progreso y Libertad. El Partido Progresista en la Revolución Liberal Española. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-6768-4.
Outros artigos Revolución de 1868 Goberno provisional de España de 1868-1871
1869 Categoría:1869 Categoría:Sexenio Democrático