José María Acuña López, comunmente citado como Acuña, nado en Salcedo (Pontevedra) o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, foi un escultor galego.
Traxectoria
Fillo dun ferreiro e membro dunha familia humilde de oito irmáns, el e outros tres eran xordos de nacemento. Estudou Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, cunha bolsa da Deputación de Pontevedra. Foi discípulo de Francisco Asorey. Traballou na Cerámica Celta de Pontecesures e desenvolveu unha importante labor docente, coma profesor de debuxo, modelaxe e talla, no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago, do que fora alumno.
Fixo de Galicia, os seus cidadáns e os seus costumes o tema central da súa creación. Entre as súas obras máis coñecidas destacan as de peregrinos, como as do Monte do Gozo e San Caetano. Vida persoal
Casou con Filomena Montoya e foi pai de Filomena Acuña Montoya.
Recoñecementos
Medalla de Prata ao Mérito no Traballo (1973).Orde pola que se concede, BOE . Medalla Castelao (1990).Medallas Castelao .Medallas Castelao DOG
Levan o seu nome o CEIP Escultor Acuña de Coia (Vigo), centro de referencia para a integración de alumnado con discapacidade auditiva,"Relato da nosa historia" CEIP Escultor Acuña, 26/3/2009. así como rúas nas cidades de Pontevedra e Vigo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Ligazóns externas
.
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Medallas Castelao Categoría:Persoas xordas