A enumeración é unha figura retórica consistente en acumular ordenada ou caoticamente unha serie de palabras sucesivas.

Exemplos "Quíxente tanto meniña" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)

[...]para min eras branca aurora e craro sol auga limpa en fresca fonte rosa do xardín de Dios alentiño do meu peito vida do meu corazón

"Pra a Habana" (Follas Novas, de Rosalía de Castro)

Tes, en cambio, orfos e orfas e campos de soledad e nais que non teñen fillos e fillos que non ten pais, E tes corazóns que sufren [...]

Obsérvese que hai polisíndeto e homeoptoto en orfos e orfas

Categoría:Retórica e figuras da lingua