miniatura|450px|Inscrición no Porto cos epítetos da cidade. Antiga, mui nobre, sempre leal e invicta cidade do Porto. Epíteto (do grego: ἐπίθετ-ος, ον epítheton: acrecentado, posto ao ladoEpithetos. LIDDELL,Henry George e SCOTT, Robert A Greek-English Lexicon. Perseus]) é un substantivo, adxectivo ou expresión que se asocia a un nome para cualificalo. Pode ser aplicado a persoas, divindades, obxectos ou, na taxonomía, para designar a especie dun vexetal ou animal. Retórica e Estilística miniatura|Mosaico de Alexandre O Grande. Na épica, os epítetos homéricos substituen por veces o nome dun personaxe, por antonomasia. Na Ilíada, por exemplo, Aquiles é frecuentemente referido apenas polos seus epítetos (Fillo de Tetis, o de Pés Lixeiros, o Mellor dos Aqueos etc.).Fórmulas e epítetos na lingua homérica , por Maria Helena da Rocha Pereira. Alfa, São Paulo 211:1-9, 1984. O mesmo recurso é usado nos cantares de xesta: no Cantar de Mío Cid, Rodrigo Díaz de Vivar (El Cid) é "o que en boa hora cinguiu a espada". Aínda na literatura, Don Quixote é o "Cabaleiro de Triste Figura".

Tamén personaxes históricos poden ser referidas polos seus epítetos, como acontece de forma abundante con monarcas e xenerais consagrados, ou noutros casos como:

Aristóteles é "o Estaxirita" Alexandre é "o Grande". Xesús é "o Cristo" (Unxido) Santo Agostiño é "o santo de Hipona" Atila é "o flaxelo de Deus" Kant é o "filósofo de Königsberg" Simón Bolívar é "o Libertador"

Bioloxía Na taxonomía botánica, o epíteto é parte esencial da denominación dun individuo, segundo a nomenclatura binomial, pois define a súa especie ou subespecie; debe polo tanto seguir o nome do xénero. Exemplos: Arisaema candidissimum (candidissimum é o epíteto); Passiflora edulis var. flavicarpa (edulis e flavicarpa son epítetos).

En zooloxía, ambos os termos da nomenclatura binomial son chamados epítetos: o primeiro, relativo ao xénero, é o epíteto xenérico; o segundo, referente á especie, é o epíteto específico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Figura estilística Epítetos homéricos

Categoría:Literatura Categoría:Lingüística