A epanalepse ou xeminación é unha figura estilística consistente en repetir unha ou máis palabras en contacto.
Exemplos En "Silencio" (Follas Novas, de Rosalía de Castro)
¡Que a man tenebrosa no papel só escriba palabras e palabras e palabras.
En "Campanas de Bastavales" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)
Cando vos oio tocar campaniñas, campaniñas
En "Chove, chove..." (Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro)
Chove, chove na casa do probe
Categoría:Retórica e figuras da lingua